Lugo 29 de maio de 2013- O Grupo Provincial do Partido Popular denuncia que a Deputación Provincial de Lugo deixou sen executar durante a anualidade de 2012 preto de 30 millóns de euros -29.748.584,54 euros- da partida de inversións reais, na que se pode ver o gasto para a creación de novos equipamentos e infraestruturas. Deste xeito, o grao de execución deste apartado orzamentario é do 38,83%, cifra que, segundo os populares, amosa que os investimentos contemplados nos presupostos provinciais son pouco máis que papel mollado.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular reivindícanlle ao máximo responsable da institución, José Ramón Gómez Besteiro, que cumpra coa súa obriga como presidente provincial de “empregar os recursos públicos con eficacia”. Así o puxeron de manifesto os populares logo da celebración onte da comisión informativa sobre a conta xeral do Orzamento da Deputación Provincial e tras estudar a documentación facilitada, xunto aos datos feitos públicos na páxina web provincial sobre a liquidación dos orzamentos a data 31 de decembro de 2012.
A voceira popular explica que unha análise detallada dos datos demostran a incompetencia de Gómez Besteiro e a falta de optimación dos recursos orzamentarios cos que conta. “Que non se executara máis do 60% do total dotado na partida de inversións reais é reprochable e lamentable, especialmente nun ano de crise profunda como o que estamos a vivir”, asegurou Elena Candia, ao tempo que precisou que “de nada serve presupostar partidas que logo non se executan, a non ser para facer anuncios baleiros e electoralistas”.
Unha institución ao beneficio de Gómez Besteiro
Dos orzamentos da Deputación Provincial de Lugo a data 31 de decembro de 2012, obsérvase a presenza de remanentes de crédito –diñeiro sen gastar- nas principais áreas de gastos como son a produción de bens públicos de protección e promoción social -19.394.603,50 euros- ou nas transferencias a administracións públicas -9.031.360,31 euros-.
Elena Candia cualifica de “criticable e inaceptable” que as aplicacións orzamentarias nas que quedaron gastos sen executar se corresponda con conceptos como benestar, fomento do emprego, cultura, deportes ou estradas. Polo contrario, no apartado de propaganda recoñecéronse obrigacións por cantidade superior a prevista. Tanto é así que en atención protocolaria, os gastos supuxeron un importe de 12.217 euros por encima do previsto; mentres que foron de 95.957 euros en propaganda.
A voceira do PP asegura que esta “é unha mostra máis da utilización ao seu servizo, que está a facer Gómez Besteiro, da institución provincial e do diñeiro de todos os lucenses” Así, engade que “temos un presidente que non se compromete ao administración da que percibe un salario ata o punto de non presidir os órganos de goberno, sendo a súa responsabilidade”. A popular fixo estas declaracións en relación ao feito de que non acudiu a máis do 50% das xuntas de goberno celebradas entre xaneiro e abril de 2013.
Remanentes de crédito
Os populares pregúntanse se as remanentes de crédito é o motivo que permite ao ente provincial financiarse cos recursos propios e se a estabilidade orzamentaria se debe a que non cumpre cos seus investimentos recollidos en orzamento.
Deste xeito, a popular asegura que Gómez Besteiro terá que explicar esta situación aos veciños da provincia, sendo “imprescindible” a mellora dos niveis de execución dos investimentos reais para que a Deputación se poda converter nun elemento dinamizador da economía lucense.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



