Cren que a postura de non querer incluir a moción que quedou pendente do anterior pleno, “demostra que non teñen ningún interese de posicionarse neste asunto, tan trascendental para os veciños”
Dende o GMS subliñan que “o único argumento do Partido Popular para non apoiar a moción é que non vamos perder ningún servizo”
CERVO, 31 DE MAIO. Os membros do Grupo Municipal Socialista lamentan que o equipo de goberno “vote en contra da urxencia da moción en defensa da área sanitaria de A Mariña durante a sesión plenaria celebrada no día de onte”.
Neste senso, os socialistas aseguran que “sendo o pleno o órgano máis representativo do Concello, no que estamos presentes tódolos partidos políticos, é unha pena que o Partido Popular manteña a postura de non incluir os puntos que quedaron no aire na pasada sesión. Todas estas trabas non teñen ningún outro sentido a non ser que teñan medo a algo ou que intenten escurrir o bulto para non posicionarse neste asunto”.
Dende o goberno non se fixo esforzo algún por volver a debatir no pleno o tema da defensa dos servizos sanitarios na nosa comarca escudándose que non estaban na orde do día, “dende a oposición pedímoslles que facendo un exercicio democrático poidésemos sacar adiante o fondo da cuestión, como é a defensa da área integral sanitaria pero o PP votou en contra”.
Engaden que “é unha pena que non se defenda dende cada un dos concellos da Mariña a autonomía do noso hospital comarcal co único argumento de que non se vai perder ningún servizo. Cremos que a realidade é ben distinta e o que non queren dende o PP é tratar puntos tan trascendentes para os veciños como é o tema sanitario”.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



