Dende o grupo municipal do PSOE de Burela queremos felicitar ao equipo feminino Burela FSF Pescados Rubén pola súa traxectoria de éxitos que desembocou en dous títulos a nivel nacional.
Comezar por recordar que este equipo fundouse no concello de Foz , con outro adestrador e outras xogadoras, pero que puxeron a semente do que é hoxe o fútbol sala feminino a nivel de España. No ano 2008 o anterior equipo goberno decide traer para Burela ese equipo integrándoo no Burela FSF, amosando unha vez mais o seu apoio institucional e económico cara o deporte. Ficháronse novas xogadoras que se incorporan ao club, e comeza a dar esa semente o seu froito. Ex: dúas copas Xunta. Cambiase de adestrador e novos fichaxes que seguen a amosar un traballo ben feito, ascendese a primeira división. A todos os que pasaron por este club, tanto aos presentes como aos que xa non están recoñecerlles o seu esforzo e profesionalidade, ata conseguir doblete de títulos nun mesmo ano.
Dende o PSOE felicitamos ao máximo responsable do club, ó presidente José Ramón Casas, en representación de todo o club, pola súa labor institucional e recoñecerlle que hai ben poucos presidentes a nivel de España que poidan presumir de ter dous equipos en 1º división e un de eles conseguir no mesmo ano liga e copa. Amosar tamén o noso recoñecemento as distintas administracións que souberon apoiar economicamente este deporte xa que sen eles sería imposible realizar este sono, a todos os patrocinadores en especial a Pescados Rubén S.l. e tamén a todos os socios e afeccionados que ademais de poñer a súa aportación económica tamén souberon dar apoio moral estando presentes en todos os partidos no pavillón Vista alegre. Darlle grazas as entidades que fixeron posible que as xogadoras estiveran en plena forma no momento de competir como Alba Vila e fisioterapia L2. Por suposto a todo o corpo técnico, comezando polo seu adestrador Pardeiro que grazas a estas xogadoras é considerado o mellor adestrador da liga nacional feminina, tamén ao preparador físico Alfonso Mera, e aos delegados Lola e Ramón e como non as 12 xogadoras que forman o Burela FS. Elas son en realidade as verdadeiras triunfadoras YOZI, DOLO, LUCÍA, LIDIA, MAITE, PEQUE, LARA, SILVIA, PAULA, HAYDÉE, DANNY e PATRI . Cada sábado no pavillón facíannos gozar coa súa loita e o seu saber estar, elas levaban as patadas, elas defendían, elas atacaban e elas marcaban o gol. ¡¡ Voso é o triunfo!! Conseguístedes dous títulos moi importantes a nivel de España a LIGA e a COPA, co voso esforzo o carnet de campioas e tamén o de loitadoras e lográstedes entrar dentro dos nosos corazóns. Agora a corporación municipal no pleno do 30/05/2013 coa firma de todos os concelleiros membros, ímosvos condecorar coa medalla de ouro. A medalla de ouro á vosa deportividade, á vosa traxectoria ascendente e aos triunfos acadados.
¡¡¡ FELICIDADES, e un honor darlla a un equipo feminino!!!
GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



