As persoas que recibirán os títulos de socios de honor na cea-gala da SD Ribadeo son: Fran, ex-xogador do Deportivo; Terio Carrera, xornalista deportivo; José Pulpeiro Doval, mecenas do fútbol ribadense durante os últimos anos e presidente do Ribadeo FC; Moncho Rodríguez, ex-presidente da SD Ribadeo e presidente fundador da mesma. Será este sábado día 18 nun acto onde tamén se entregará un premio e unha placa especial ó Ribadeo FC no seu 100 aniversario. Os xogadores premiados da SD de Ribadeo (un por equipo), 11 en total e adestrador do ano serán revelados no momento da entrega do premio. Así como o premio especial ó fomento e divulgación do deporte. As invitacións pódense retirar ata o venres en Hotel Voar e Deportes Docobo.
Premios da cea-gala da SD Ribadeo
Premios da cea-gala da SD Ribadeo
Relacionado
-
O vindeiro luns, 30 de xuño, dará comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos
-
Visita do alumnado do obradoiro “Terra do Ortegal II” a ASPROMOR
-
Unha muller faleceu tras ser alcanzada por un tren nun paso a nivel en Rábade