O 4 de xuño vén de ser instituído como Día da Plástica na Mariña tras un acordo no que participaron centros de ensino, concellos, asociacións e artistas plásticos da comarca. O Concello de Ribadeo colabora nesta celebración cun relatorio no que participan tres dos artistas máis importantes. Celso Dourado, Daniel Caxigueiro e Xoán Guerreiro falarán da súa obra e dos seus proxectos este venres ás 20.30 horas na Casa das Letras.
