A asociación sociocultural Ponte da Salgueiriña organiza as festas patronais de Figuerido na honra a San Luís os vindeiros 15 e 16 de xuño. Os festexos arrincarán o sábado 15 ás nove da mañá co chupinazo e ás once da mañá os gaiteiros de Airiños do Xunco ofrecerán un pasarrúas. xa á unha do mediodía celebrarase a misa solemne no campo da festas seguida da sesión vermú a cargo de Alma Latina. Xa pola noite, a verbena a cargo da orquestra Pontevedra e Alma Latina, arrincará ás dez e media. E o domingo 16 de xuño, Francisco Piñeiro ofrecerá unha demostración de xogos populares arredor das cinco da tarde.






















Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



