Novo venres e sábado de “montaditos” no hotel Vila do Val o 7 e o 8 de xuño. Os que o desexen poden achegarse ás instalacións do hotel Vila do Val en Ferreira do Valadouro e degustar unha ampla gama de “montaditos” ó prezo de 2 euros a unidade. A proposta para esta fin de semana é a seguinte: xamón con tomate; calabacín, morcilla e ovo; anchoa con mozzarella fresca; polo con queixo e salsa de champiñóns; e ensaladiña rusa. O hotel Vila do Val ofrecerá esta proposta gastronómica ós seus clientes durante os venres e sábados do mes de xuño. Tamén seguen celebrándose con éxito as cuartas xornadas do bacallau, de venres a domingo, e igualmente durante todo este mes os que se acheguen estes días ó hotel Vila do Val poderán degustar varias preparacións: bacallau á galega, bacallau Vila do Val ou bacallau en salsa de ourizos.
Montaditos e bacallau no hotel Vila do Val