Ribadeo, 28 de xuño de 2013. Ribadeo acollerá do 28 ao 30 de agosto o II Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que organiza a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia.
O presidente do colectivo, Álvaro Doural, sinalou que “esta asociación escolle Ribadeo un ano máis para a celebración desta actividade formativa que está aberta a profesionais do sector, a profesores e a estudantes de FP e ao público en xeral”. Hai un número de prazas reservadas para os socios de APAGA, “aínda que o aforo total será dunhas 80. Para os socios a matrícula é gratuíta e para os non socios a cota é de 20 euros. Pensamos que está ao alcance de todos os que estean interesados en participar”. O prazo de inscrición xa está aberto, “pódese facer a través da nosa páxina web www.apaga.es , o sistema é cómodo, unha vez que cumprimenten os seus datos recibirán un correo de confirmación da adxudicación da praza”.
Doural explicou que “mantemos o esquema do programa do ano pasado. Polas mañás haberá conferencias sobre tecnoloxías punteiras no automóbil. Contaremos coa presenza das marcas máis representativas do sector como poden ser BMW, Mercedes, PSA, Bosch… E polas tardes terán lugar unha serie de obradoiros sobre cuestións prácticas”.
No II Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos haberá dúas exposicións, “unha de coches actuais e outra de automóbil clásico. Todo será no recinto do hotel O Cabazo de Ribadeo”.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, agarda incrementar o nivel de participación “e o máis importante é que toda a xente que asiste marche cunha boa sensación, que veu aquí a aproveitar o tempo. Este tipo de actividades fanse con moitos poucos recursos, pero moi traballadas e con ponentes de grande prestixio, que levan na docencia moitos anos”.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



