A Xunta de Goberno aprobou este vernes a adquisición de 1.553 novos compoñentes enerxéticos para as Casas Consistoriais e os alumeado públicos de Cervantes, Pol e Samos, que permitirán reducir as facturas eléctricas destes Concellos en 35.500 euros ó ano. A vicevoceira provincial socialista, Pilar García Porto, subliñou que “a Deputación aforra estes cartos ás arcas municipais e, en definitiva, ós 5.000 veciños de Cervantes, Pol e Samos”. García Porto destacou que é a segunda contratación conxunta de equipamento enerxético que realiza a institución provincial tras adquirir outros 1.000 compoñentes para Abadín, A Fonsagrada e O Incio, cos que o organismo lugués aforra a estes Concellos 41.000 euros ó ano na factura eléctrica.
A Deputación aforra 76.000 euros na factura eléctrica a estes 6 municipios, coa nova medida de cooperación cos municipios, que a institución ofreceu a todos os Concellos lugueses que se sumaron ó chamado Club dos Renovables, que aceptaron 37 entidades locais. Este proxecto, a custe cero para os Concellos grazas ós fondos europeos do Lug02, consta de 2 partes:
– Unha primeira, xa completada, que consistiu na realización de auditorías nos 37 municipios para determinar en que puntos e con que equipamentos se pode reducir o consumo enerxético en dependencias municipais. Asumindo o custe das auditorías, a Deputación aforrou 10.000 euros a cada entidade local, que é o prezo destes traballos no mercado, sumando un primeiro aforro de 370.000 euros ás entidades locais.
– A segunda fase, que comezará nas vindeiras semanas en Abadín, A Fonsagrada e O Incio para, posteriormente, seguir en Cervantes, Pol e Samos, consiste na dotación dos compoñentes de eficiencia enerxética, determinados en base ás auditorías para rebaixar o gasto eléctrico. Para elo, o organismo provincial aprobou un Acordo Marco, pactando con 6 empresas a compra de material como lámpadas LED, válvulas termostáticas, programas de rego ou detectores de presenza, obtendo, deste xeito, prezos moito máis vantaxosos.
“É dicir, os Concellos adheridos ó plan da Deputación benefícianse de tres grandes vantaxes: aforran o gasto das auditorías; aforran o gasto dos equipamentos técnicos; e conseguen importantes aforros económicos na súa factura eléctrica”, destacou a Deputada.
87.000 euros menos en gastos de oficina
Na sesión acordouse unha nova medida de redución dos gastos correntes da Deputación, coa que a institución suma xa un aforro anual destes custes de 4,2 millóns de euros. Trátase da contratación do mantemento das ducias de fotocopiadoras que se distribúen nos edificios dependentes do organismo provincial por valor de 60.870 euros, supoñendo 7.000 euros menos que no 2012. García Porto explicou que se acada este aforro ó facer un só prego, é dicir, ó adxudicar este servizo de xeito conxunto. “Estes 7.000 euros, súmanse ós 80.000 euros que xa aforramos nos custes derivados do material de oficina con medios tecnolóxicos do Innova-TE, que nos permiten, por exemplo, dixitalizar toda a documentación e prescindir do papel”, subliñou.
Ademais da redución dos custes no material de oficina en 87.000 euros, puxemos en marcha as seguintes medidas de aforro de gastos correntes: rebaixa da partida de gastos correntes no Orzamento da Deputación en 3,6 millóns de euros, co control destes custes en todos os departamentos provinciais; reducción dos custes en telefonía en 236.000 euros ó ano, con menos operadores e dispositivos móbiles; diminución das facturas eléctricas en 130.000 euros, con medidas da Axencia Provincial da Enerxía; rebaixa dos custes polo mantemento e vixilancia das instalacións provinciais en 120.000 euros, con contratacións conxuntas. “En total, aforramos 4,2 millóns de euros nos gastos correntes anuais da Deputación co obxectivo de incrementar os investimentos na provincia para emprego e benestar social, as prioridades deste Goberno Provincial. De feito, estas medidas de aforro, xunto á boa xestión, permitíronnos incrementar a partida para o fomento do emprego en máis dun 60%, superando os 10 millóns de euros no 2013, e en preto dun 20% para benestar social, con case 2,5 millóns de euros”, indicou.
Renuncia de Gómez Puente
García Porto tamén comunicou que este venres 12 de xullo presentou a súa renuncia como Deputado da Corporación Provincial luguesa José Manuel Gómez Puente, concelleiro do PP en Barreiros.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



