Foz, 5 de xullo de 2013. As festas do Carme de Foz, que se celebrarán do 13 ó 20 deste mes, foron presentadas este venres 5 de xullo polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, acompañado por outros membros do goberno local e da comisión organizadora dos festexos, que é o colectivo Sempre Foz. O rexedor local destacou o programa, que inclúe actuacións musicais, o pregón do médico lugués Sven Gunther e a procesión sobre as tradicionais alfombras florais, entre outras actividades.
Javier Castiñeira comentou que “as festas do Carme 2013 teñen un cartel moi interesante dende o 13 ata o 20 deste mes, aínda que os días grandes son o 15 e o 16”. Agradeceu “a implicación da asociación Sempre Foz, que está traballando intensamente na organización de dúas das festas máis importantes do concello, que son ás mais destacadas do núcleo urbano: as do Carme e as do San Lourenzo”.
O alcalde deu a noraboa aos organizadores porque “teñen un cartel moi interesante dende o sábado, 13, ás catro da tarde, cando empeza a regata 420 Virxe do Carmen. Ese día tamén haberá o pregón das festas, que neste caso vaino facer unha persoa coñecida dos focenses: Sven Gunther Cando, que é un cardiólogo que actualmente está traballando no Hospital Lucus Augusti (HULA), foi presidente do Colexio de Médicos de Lugo durante varios anos e tamén ocupou a presidencia do Consello Galego de Colexios de Médicos. É unha persoa moi vinculada á nosa localidade posto que leva cerca de 50 anos veraneando en Foz e agora xa ten a súa segunda residencia aquí. É unha persoa moi querida e quixemos facer énfase en toda esa xente que nos visita no verán. Sven é unha desas persoas das que nos gusta presumir aos focenses, non só pola súa meritoria actividade profesional como médico cardiólogo senón tamén porque é boa persoa, que coñece o pobo e que o pregoa polos diferentes sitios aos que vai”. O pregón será ás 20:40 horas na igrexa parroquial.
O domingo 14 haberá verbena coa orquestra Galilea e o luns 15 actuarán Armonía Show e o grupo Garibaldi. O martes 16 será o día grande e ás 12 do mediodía celebrarase a misa solemne na honra da Virxe do Carme, ás 12:45 a procesión polas rúas do pobo e rematarán os actos coa verbena amenizada pola orquestra Sintonía de Vigo. E o sábado 20 celebrarase a XIV edición do festival folclórico Aires do Masma na praza Conde de Fontao organizado pola asociación A Subela.
“É un cartel moi bo e invito a todos a que pasen por Foz e disfruten das nosas festas patronais. Ademais animo a todos os veciños a colaborar o máximo que poidan coa asociación organizadora, Sempre Foz, e a participar na elaboración das alfombras florais tan características, bonitas e recoñecidas que fan os veciños de Foz a noite antes da procesión para que a Virxe pase por elas”, rematou Castiñeira.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



