A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza a terceira edición do curso de jazz que se desenvolverá na vila entre o 25 e o 27 de xullo. José García, saxofón; Sergio Delgado, piano; Tito José Calviño, guitarra; e Juan Antonio Rodríguez, batería e percusión afrocubana; serán os encargados das clases do terceiro curso de improvisación. Pola súa banda, o sábado 27 de xullo Jorge Pardo ofrecerá unha masterclass na que desenvolverá temas ou conceptos coma as melodías, o ritmo, o modo frixio, cadencia española coma o blues en acorde dominante ou a imposición da linguaxe do intérprete á composición no jazz. Os interesados poden inscribirse ata o vindeiro domingo 21 de xullo na propia EMMeD ou por correo ordinario enviando o folleto de inscrición e achegando recibo de pago. O prezo do curso para os alumnos da Escola será de 60 euros, mentres que para o resto do alumnado será de 70. Pola súa banda, a masterclass custará 45 euros. Máis información en: rubn_solloso@yahoo.es ou no teléfono 677 734 084.
Curso de jazz e masterclass en Ribadeo
Curso de jazz e masterclass en Ribadeo
Relacionado
-
Regal Cerámica está presente en Intergift Madrid esta semana
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde