O equipo de baloncesto feminino de Lourenzá será de Nacional por primeira vez na súa historia.
Así será se non xorde ningún problema de última hora por parte da Federación, despois de que o Club rematara, antes de concluise o prazo este venres, as dilixencias oportunas para poder inscribir ó equipo en 1ª Nacional Feminina, despois de cubrir os avais e as cuotas de afiliación oportunas.
A partir de agora o peso do traballo recaerá, en primeiro lugar, na renovación dos tres patrocinadores do club (Neli, Augacons e C. Cabaleiro) e, en segundo lugar, na búsqueda a maiores dun novo patrocinador que lle dé o nome ó equipo que nos represente polo norte do territorio nacional.
A partir de agora Juan Nécega, míster do equipo e secretario técnico da sección, encargarase de formar un plantel competitivo para poder afrontar unha liga super esixente; tratando de renovar á maioría das xogadoras clave no proxecto da pasada temporada.
Dende o club adiantan tamén que “o horario de xogo como local será o domingo ás 18:30 horas; tratando, por unha banda, de non interferir nos encontros de fútbol do equipo de 1ª autonómica e, por outro lado, de que toda a poboación da Mariña se poda achegar un día festivo para disfrutar dun equipo de Nacional”.