O salón de actos do Centro Sociocultural de Barreiros encheuse de maxia na tarde do luns: máis de 160 persoas achegáronse para desfrutar do espectáculo ofrecido polo Mago Antón que foi traído a Barreiros da man do Colectivo Cultural Ollomao. Persoas de todas as idades, cunha ampla presenza de nenas e nenos, chegadas tanto de localidades veciñas como outras que están a pasar uns días de vacacións no concello barreirense participaron na actividade do prestixioso ilusionista. Contando co apoio da Vicepresidencia primeira de Deputación de Lugo, Antón López está a levar o seu espectáculo por distintos espazos da provincia de Lugo, tales como cafeterías, restautantes, bibliotecas,etc… Deste xeito, gran parte dos bares dos bares do Concello de Barreiros foron espazo improvisado para mostrar a maxia do artista durante toda a tarde do domingo e o luns. O Mago Antón despediu a todas as persoas presentes no Centro Sociocultural cun “podemos perdelo todo, pero nunca debemos perder a ilusión” e prometeu volver cando menos se lle espere, para retirar, por arte de maxia, as cartas que deixou pegadas nos teitos dos bares nos cales mostrou parte do seu espectáculo.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



