O Colectivo Cultural Buril trae a Burela o espectáculo do Mago Antón o próximo venres, 2 de agosto. A actuación do famoso mago galego terá lugar ás 21 horas na Casa da Cultura de Burela e leva por título “Onde está o Mago Antón?”. O espectáculo, que se ven celebrando ao longo de toda a provincia de Lugo, ao abeiro dun proxecto da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, está dirixido a todos os públicos de todas as idades, desenvolvéndose en diferentes espazos. Desenvolverase en dúas xornadas e así, durante a tarde do xoves, día 1, o Mago Antón estará de visita por Burela, facendo microactuacións en diversos espazos públicos con dúas finalidades: a primeira é levar a maxia a espazos e a públicos onde a maxia non ten ningunha presenza, e a segunda, mobilizar a eses públicos para convidalos a asistir ao espectáculo final que terá lugar o venres, ás 21:00 horas no auditorio da Casa de Cultura de Burela. Desde o Colectivo Cultural Buril convidamos a pequenos e maiores a disfrutar deste grande espectáculo e de dous días cheos de maxia.





















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



