O Concello de Viveiro e C.D. EGOVARROS-VIVEIRO organizan a XV Carreira Popular Concello de Viveiro
Memorial “Julián Bernal”, este ano en homenaxe a Pedro Nimo que se celebrará o sábado 28 e o domingo 29 de setembro saíndo de xunto o Pavillón Municipal.
O primeiro día celebraranse as probas das categorías menores a partir das 17.00 horas ademais dunha conferencia sobre a iniciación ó deporte, despois das 19.00 horas. E o domingo a proba da categoría absoluta arrincará ás 11.30 horas para realizar un percorrido de 12.500 metros, en dúas voltas a un circuíto.
A carreira será solidaria co Banco de Alimentos, xa que ó recoller o dorsal (ata media hora antes do inicio da proba) cada participante doará algún alimento non perecedoiro.
Entre os tres primeiros clasificados da categoría xeral nas categorías masculina e feminina repartiranse premios en metálico (150, 100 e 50 euros). Ademais, haberá trofeo para os 3 primeiros de cada categoría, camisetas para tódolos participantes que rematen a proba e pinchos ó remate da mesma.
Os interesados en inscribirse poden formalizar a súa solicitude ata o 27 de setembro no teléfono 982 598 160 ou a través do correo electrónico: egovarros@gmail.com.
Categorías
A Biberón: 0-7 anos (100 metros)
B Benxamín: 8-10 anos (900 metros)
C Alevín Feminino: 11-12 anos (900 metros)
D Alevín Masculino: 11-12 anos (1900 metros)
E Infantil Feminino: 13-14 anos (1900 metros)
F Infantil Masculino: 13-14 anos (2900 metros)
G Cadete Feminino: 15-16 anos (2900 metros)
H Cadete Masculino: 15-16 anos (12500 metros)
I Junior Feminino: 17-20 anos (12500 metros)
J Junior Masculino: 17-20 anos (12500 metros)
K Sénior Feminino: 21-34 anos (12500 metros)
L Sénior Masculino: 21-34 anos (12500 metros)
M Veteranos A Masculino: 35-39 anos (12500 metros)
N Veteranas A Feminino: 35-44 anos (12500 metros)
O Veteranos B: 40-44 anos (12500 metros)
P Veteranas B: 45-54 anos (12500 metros)
Q Veteranos C: 45-49 anos (12500 metros)
R Veteranas C: 55 en adiante (12500 metros)
S Veteranos D: 50-54 anos (12500 metros)
T Veteranos E: 55-59 anos (12500 metros)
U Veteranos F: 60-69 anos (12500 metros)
V Veteranos G: 70 en adiante (12500 metros)
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
