A Mariña, 2 de agosto de 2013. Un grupo de militantes do BNG, encabezados por unha delegación da executiva da organización nacionalista, remitiron na xornada de hoxe por mensaxería uns paquetes con chourizos a Xosé Manuel Barreiro, Xosé Manuel Balseiro, Elena candia, Alberto Núñez Feixóo e Mariano Raxoi coa que pretendían denunciar ás dúbidas existentes sobre a contabilidade do PP no Estado e de xeito moi particular na provincia de Lugo así como a negativa dos responsábeis do PP en Lugo en aclarar o estado das súas contas unha vez que mas mesmas hai apuntamentos nos papeis de Bárcenas e o propio Xuíz Ruz as está a investigar.
O BNG insiste en que non só as contas do Partido Popular en Madrid están baixo sospeita, senón tamén as do PP en Galiza, posto que foron xestionadas durante moitos anos por Pablo Crespo, un dos principais implicados na trama Gürtel. Neste senso, Ana Ermida, responsábel comarcal da formación na Mariña, explicou que “dúas das construtoras que doaron diñeiro negro ao Partido Popular, segundo aparece reflectido nos papeis do extesoureiro do PP, Luís Bárcenas, participaron, cando menos, nunha adxudicación irregular en Portos de Galicia no ano 2004. Con isto queda demostrado que Feijóo mentiu cando dixo que a trama Gürtel deixara de operar no ano 1999”.
Entre as irregularidades do Partido Popular respecto a este asunto atópase a contrata das obras do Porto de Ribadeo ou da N-642 ao seu paso por Foz. Ámbalas dúas obras foron adxudicadas á construtora Hispanitas, tras un proceso de adxudicación que os nacionalistas califican de “pouco claro”, xa que, saíu elixida a pesares de que as catro empresas candidatas recibiran a mesma puntuación, e agora aparece na relación de presuntas doazóns ilegais de diñeiro en negro incluídas na contabilidade de Luís Bárcenas.
No caso concreto de Ribadeo, a contrata que foi obxecto de investigación polo Consello de Contas de Galiza que observou diferentes irregularidades, resulta curioso que Portos lle deu exactamente a mesma puntuación ás catro empresas que pasaron á fase final. Os catro construtores tiveron que, polo tanto, presentar ofertas en términos moi similares. Hispánica e COPASA eran dúas das empresas que empataron, posibilitando que a mesa de contratación de Portos poidese adxudicar a dedo a obra. Moitos máis indicios apuntan a que adxudicación de Ribadeo poido ser amañada. Ao concurso presentáronse máis construtoras que as catro finalistas. Unha delas foi excluída por baixa temeraria, sen que Portos de Galicia déralle ocasión, como obriga a Lei, a explicar porque presentaba un prezo tan baixo que parecía pouco realista. O xefe de contabilidade de Portos foi chamado como testemuña ao caso Gürtel, pois aparece como socio dunha empresa que a trama usaba para lavar diñeiro. Nesnas mesmas datas Bárcenas aounta nos seus papeis: 01-marzo 2004 Copasa 75.000 euros 26-noviembre 2004 Entrega Pozuelo (Hispánica) 30.000 euros.
A este respecto, Ermida insistiu en que “Xosé Manuel Barreiro, actual presidente do PP de Lugo, non pode desentenderse deste asunto alegando non saber nada, posto que no momento no que se fixeron estas adxudicacións, actualmente investigadas polo xuíz Ruz, ostentaba o cargo de conselleiro de Medio Ambiente. Neste sentido merece unha mención especial as adxudicacións tamén obxecto de investigación realizadas pola Xunta no perio 2003 a 2005 a TECONSA, periodo no que Barreiro era Vicepresidente da Xunta de Galiza, e cuxa cifra de investimento situose no perio en 4,8 millóns de Euros, anos nos que precisamente TECONSA tamén investigada na trama Gurtel actuaba como constructora de referencia da deputación de Lugo.”. “Dende o Bloque cremos necesario que o Partido Popular debe ofrecer explicacións de forma urxente sobre a financiación do PP lucense, tanto a outras formacións políticas, como á cidadanía, que vive nunha completa incertidume entre todos os rumores verquidos que apuntan á corrupción como modelo económico dos populares. Os cidadáns cada vez son máis esixentes no que á transparencia na vida pública se refire, e esa transparencia require de información, e é por iso polo que dende o BNG esiximos datos enriba da mesa”, concluíu a responsábel comarcal”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



