Cervo, 23 de agosto de 2013. O BNG anunciou a presentación dunha iniciativa para o debate plenario que pretende restituír a memoria daquelas persoas, veciñas do concello, que sufriron a represión após o golpe de estado franquista do 36. As declaracións do alcalde de Baralla e Deputado provincial do PP, Manuel González Capón, non deberan ter acubillo nun estado democrático e por tanto a formación política na que milita deberá tomar medidas contundentes para a súa destitución xa que el non o fai de motu propio. Neste sentido o BNG defenderá que o pleno da corporación municipal que se restitúa a memoria das 65 persoas represaliadas polo franquismo durante e despois do alzamento militar do 18 de xullo de 1936 e pedirá a destitución do alcalde de Baralla dos seus cargos.
Para o BNG de Cervo “ E hora de facer xustiza con todas as vítimas do franquismo, de restaurar a memoria dos que deron a súa vida por unha sociedade máis xusta, dos que se entregaron a unha loita por un mundo de iguais, daqueles que fixeron posíbel o proxecto da II República, no que tivo de avanzo na igualdade social, na defensa dos servizos públicos, hoxe máis unha vez cuestionados e de avance nunha articulación plurinacional do Estado . Chegou a hora de que restituamos moral e tamén institucionalmente aos veciños e veciñas de Cervo que sufriron o franquismo, como propoñemos na moción porque só desde a memoria é posíbel construír unha sociedade democrática”, afirmou Estúa.
A reivindicación da memoria non é para os nacionalistas un exercizo de oportunismo político co que alimentar a nostalxia, nin un acto rutineiro co que brindar ao sol cando quenta conforme a unha determinada moda. É un exerzizo de xustiza cos perdedores, é un compromiso cos que nos precederon na loita é xa por último un acto de afirmación do noso compromiso cunha sociedade máis xusta. A memoria dos antifranquistas non é para nos o conto dun ano, é toda unha bagaxe de loita, de experiencia transformadora que o reformismo republicano esparexou por toda Galiza e que o franquismo recluíu no silenzo, experiencia e proceso de cambio social que debemos pór en valor ao servizo da mellora das condicións de vida das maiorías sociais da nación Galega”.
Xa por último Estua afirmou que “para nos a memoria, o recoñecemento e o exemplo das vítimas do franquismo é un actuar diario. Memoria que está sempre con nos, porque é un patrimonio de dignidade, de cultura cívica e tamén de aspiración a unha outra sociedade máis libre e merecente de considerarse democrática. Recoñecemento que é recuperación e restitución das súas figuras, pago da débeda que a sociedade actual ten contraída con eles por aspirar a un modelo social que xire arredor do triangulo da xustiza, da igualdade e dun modelo político no que o pobo sexa realmente que máis ordene. É exemplo, exemplo do que a barbarie e o terror non quixo que fosemos, exemplo dun patrón de comportamento ético e comprometido coas maiorías sociais, exemplo a fin da forza das ideas, cando por ideas se morría e das ideas non se vivía, exemplo a fin do que nos aspiramos volver a ser”.




















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



