CADERNOS DA VIAXE. A recesión económica e a corrupción sistémica descobriron a gravísima crise institucional que estamos a vivir, que abrangue tanto ao bipartidismo dinástico como as principais Institucións (Consello do Poder Xudicial, Tribunais Supremo, Constitucional e de Contas) xurdidas do pacto constitucional do 1978. A propia Coroa está a ser abertamente cuestionada, xa quen non soubo cumprir co seu rol constitucional de arbitrar e moderar o funcionamento institucional, converténdose de feito nunha peza esencial no proceso de “ocupación” das Institucións polas buocracias do bipartidismo. Tampouco cumpriu as súas funcións de integrar a pluralidade nacional española nin a de propor valores para previr unha corrupción que semella nunca lle preocupou substancialmente.
Son tempos, pois, dun novo paradigma, pero xa se sabe que nesta caste de situacións o vello tarda en morrer e o novo tarda en nacer. E o novo pode nacer despois dun proceso de xeración a xeito ou empeorar de xeito moi notábel a xa difícil situación que vivimos arestora. Porque o problema das desafeccións da Cidadanía coa Política é que son bó terreo para as experiencias autoritarias, sexan de fas, fosen de nefás.
Para previr esta caste de experiencias ou tendencias, que están a definir o sistema político ruso e avanzan noutros países da Europa, compre construir unha nova Política. Unha Política inspirada nos valores democráticos e de cohesión e inclusión social que fixeron posíbel o equilibrio europeo entre liberdade, igualdade, iniciativa privada e benestar social. Mais, tamén, alicerzada en novos valores de transparencia internacional, participación, hexemonía da sociedade civil, cooperación e responsabilidade.
Galicia é un país dabondo cohesionado para enfrontar con posibilidades de éxito este proceso cívico e republicano de rexeneración cidadá. Mais o troco de paradigma será un proceso indubidábelmente complexo. Porque a nova Política non só vai precisar de novos valores e actitudes, senón dun novo concepto de acción política, moito menos baseado nas estruturas partitocráticas e máis no traballo horizontal cos axentes da sociedade civil e no dereito a decidir dos diversos níveis, evitando, por exemplo, impór unha única política de pactos locais a nivel xeral.
Xoán Antón Pérez-Lema




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



