A Fundación Eu Son de Burela en colaboración co Grupo de Espeleoloxía de Lugo realizou este pasado sábado 21 , unha actividade de Descubrimento da espeleoloxía na Cova de Boucelo en Vega de Valcarce (León). Esta actividade contou coa presenza de cinco usuarios da Fundación Eu Son e tres guías especializados do club, Miguel Freire, Enrique Torres e Gonzalo Villarmea , todos eles cunha ampla experiencia neste deporte. O G.E.L. naceu no 1985 na cidade das Murallas e dende entón colabora con distintas entidades e centros educativos da nosa comunidade na organización de actividades de espeleoloxía.
Esta experiencia, pioneira na nosa provincia, foi tremendamente positiva para todos os usuarios, que disfrutaron dunha excitante xornada de deporte de aventura no medio natural, trepando, arrastrándose e recorrendo as distintas galerías da cova o que resultou unha actividade moi entretida, e inesquecible para todos eles.
Este proxecto demostra que unha discapacidade non é un impedimento para realizar deportes de aventura e que grazas os retos plantexados na actividade os participantes exploraron os seus propios límites, e foron plenamente conscientes das súas habilidades e capacidades. Isto facilita que se incremente a súa autoestima e que se atrevan a afrontar calquera dificultade que lles xurda na súa vida cotiá con máis seguridade e optimismo.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



