O Colectivo de Emigrantes Retornados convoca aos afectados de Lourenzá e Mondoñedo para tratar das multas aos emigrantes retornados na Casa da Xuventude de Mondoñedo o xoves 26 ás sete da tarde.
O Colectivo considera intolerábel que os traten como defraudadores nos días da súa xubilación despois de mandalos polo mundo para enviar divisas que mantiveron o Estado nos 60 e 70.
A Axencia Tributaria esta a proceder a multar a todos aqueles emigrantes retornados que cobran unha pensión de xubilación polo Estado español ademais de cobrar outra polo estado ao que emigraron aínda que non superen o mínimo legal obrigatorio para facer a declaración da renda. Se ben a orixe desta sanción hai que buscala nunha modificación lexislativa realizada en 2008 con nocturnidade e alevosía, unha modificación lexislativa da que non se fixo publicidade por parte de Facenda, precisamente agardaron ao máximo legal previsto para que prescribira a multa para incoar os expedientes de sanción ao fin de impor o recargo máximo nas multas, o noso obxectivo en canto afectados, ao igual que outros afectados do Estado, e conseguir evitar a sanción.
As multas que estamos recibindo, a día de hoxe son aínda moi escasas pero en Galiza xa chegan a 3000 que se sitúan arredor dos 20.000 Euros comezarán a chegar nos próximos meses aos emigrantes retornados, fóronos impostas sen ternos informado dos cambios que se deron no modelo de tributar e sen permitirnos subsanar o erro na mesma. Neste sentido queremos indicar que Facenda non só está a reclamar os impostos que se poidan adebedar, senón que tamén inclúe, os intereses de demora e as sancións ás que nos temos referido pola cal pretenden ingresar arredor de 20.000 Euros.
Na nosa opinión consideramos unha autentica inxustiza que o mesmo Estado que nos obrigou a emigrar, o mesmo Estado que nos botou polo mundo adiante e se aproveitou das divisas do noso traballo nos multe agora impedindo resolver un erro provocado por eles, mentres promove amnistías fiscais para os ricos e os millonarios, entres algúns banqueiros que xa nos roubaron nas preferentes. Non temos a máis mínima dúbida de que estamos diante dunha estafa das dimensións da das preferentes onde mesmo se ten pretendido cobrar a persoas que morreron en 2009 ou 2010.
A propia Axencia tributaria fala de máis de 50.000 afectados na comunidade galega dos cales a metade residen nas provincias de Lugo e Ourense, polo que convocamos a todos os veciños e veciñas da Mariña que teñan emigrado e que estean cobrando unha pensión polo estranxeiro a que acudan a unha reunión informativa a celebrar o Xoves 26 de Setembro ás 19:00 na Casa da Xuventude de Mondoñedo , dirixida de xeito moi particular aos veciños de Lourenzá e Mondoñedo, onde tentaremos , aclarar as dúbidas e manternos informados dos pasos a dar diante das inspeccións que nos vai facer facenda e de presentar as alegacións oportunas diante da primeira petición que chegará reclamándonos o diñeiro. Xa por último só nos queda convocarvos a reunión e indicarvos que Facenda está mandando primeiro as cartas coa multa aos residentes en Francia, Suíza e Alemaña para seguir co resto dos países de Europa e Latinoamerica. Ademais dos emigrantes retornados esta medida afecta a mariñeiros que estiveron embarcados en barcos de bandeira non española así como a traballadores de compañías españolas que saíron facer traballos ao estranxeiro. Xa por último lembrar o proceso de sancións que se está abrir contra aqueles emigrantes retornados que sendo titulares de bens e propiedades no estranxeiro que non declararon a medio do modelo 720 e que está a provocar multas de entre 10.000 e 50.000 Euros.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



