O PSdeG afirmou este mércores que a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, “ou minte, ou non ten memoria”, porque a Deputación de Lugo solicitou de maneira reiterada reunións institucionais urxentes con Feijóo durante dous anos –entre 2010 e 2011- para falar do desenvolvemento da rede provincial de residencias e centros de día públicos, e o presidente da Xunta “nin sequera se dignou a responder”. Finalmente, lembrou a deputada autonómica Concepción Burgo, en decembro de 2011 foi a conselleira Mato a que recibiu ó presidente da Deputación “para comunicarlle a negativa do Goberno galego a concertar prazas nos seus centros, a pesar de que prometera facelo en dúas ocasións, unha delas 6 días antes das eleccións municipais, e alegando o sorprendente argumento de que este tipo de dotacións sociais non son necesarias, nin prioritarias na provincia de Lugo”.
Despois dese encontro coa titular de Traballo, a Deputación seguiu pedindo reunións con Feijóo “para falar do futuro da provincia: do centro de recría, de servizos sociais, emprego, infraestruturas, e tamén das residencias”. “Xa van 10 peticións en 7 anos e non hai resposta algunha”. “Como é posible que agora a conselleira diga que a Deputación non contou coa Xunta para planificar as residencias? É unha falacia inaceptable”, aseverou Burgo.
A parlamentaria esixe á dereita de Feijóo que explique ós lucenses “os verdadeiros motivos” polos que rexeita a iniciativa emprendida pola Deputación, “un proxecto público sólido, cun orzamento dispoñible de 15 millóns de euros, que xerará emprego, e que conta co apoio de Concellos da provincia de todas as cores políticas”, pois “os argumentos cos que trata de xustificarse están a caer polo seu propio peso, xa non valen”.
Deste xeito, argumentou a deputada socialista, “é mentira, como xa quedou demostrado, que a Deputación non quixera consensuar e planificar coa Xunta a rede provincial de residencias, xa que pediu durante dous anos reunións con Feijóo para abordala iniciativa, e nunca tivo resposta”, pero tampouco é certo, engadiu, que “as residencias non sexan necesarias, nin prioritarias, como se atreveu a dicir a conselleira Mato, cando Lugo é a provincia máis envellecida de Galicia e a que menos prazas residenciais ten”. O propio Goberno galego “estao a demostrar ó seguir concertando prazas en centros privados e ó comprometer investimentos para a construción de centros de maiores en varios concellos da provincia, como Foz, Palas ou Baleira”. Os veciños de Lugo “merecen saber por que esas residencias si, e no caso das que impulsa a Deputación, que lle pon enriba da mesa os terreos e o orzamento para a súa construción, nin sequera se digna a falar delas e fai todo o posible para boicotealas”.
“Investimentos serios si, non un brinde ó sol”
Neste senso, Burgo quixo recalcar que o PSdeG “aplaude calquera compromiso de investimento cunhas dotacións sociais que, ó contrario da conselleira, consideramos que imprescindibles para o benestar dos lucenses, iso si, sempre e cando sexan compromisos serios e reais, non un brinde ó sol para tapar a súa mala xestión, para lavarse a cara, que finalmente queden en nada, sexan insuficientes para rematar as obras ou garantir o seu funcionamento, ou, como adoitan facer, acaben por empaquetar a outras administracións unhas competencias que son súas, obrigándolles a facer esforzos económicos inasumibles”. A deputada referiuse ó caso de Foz, para cuxa residencia Traballo soamente prevé 500.000 euros, “que chegarán pouco máis que para o movemento de terras”, e o de Palas e Baleira, nos que a consellería non concretou aínda “quen terá que asumir a xestión”.
Máis discriminación
A actitude “discriminatoria” da Xunta cos proxectos provinciais “non se queda aquí”, pois Feijóo “segue sen responder a ningunha das solicitudes de entrevista que lle leva realizado a Deputación dende o cambio de goberno, hai 7 anos, para falar do futuro da provincia, temas tan importantes como o primeiro centro de recría público en España, consensuar o cofinanciamento dos servizos sociais en todos os Concellos lucenses e a posta en marcha das políticas activas de emprego, a emigración, a caída demográfica ou o medio rural; a reindustrialización e facer unha política realista de transferencia da rede viaria pública”. Burgo insta ó Goberno de Feijóo a establecer un diálogo coa Deputación para impulsar actuacións en favor do progreso da provincia.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



