O Curso de preparación para o Celga, que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa iniciou no mes de xullo no Concello de Foz, rematou esta semana logo de impartir un total 60 horas. Mº Luz Pérez Goás, técnico de Normalización Lingüística da Mancomunidade, profesora colaboradora da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e avaliadora das Probas Celga, foi a encargada de impartir este curso que tivo moi boa acollida. Foron numerosas as persoas interesadas en asistir, moitas delas aproveitando o período vacacional no Concello, coa intención de formarse e preparar as probas que terán lugar o vindeiro ano.
Do mesmo xeito, o Servizo segue co seu labor formativo en galego organizando outras actividades co obxectivo de promover o uso da lingua galega nos concellos mariñaos.
Para a xente maior, de entre 60 e 80 anos, está impartindo un Obradoiro de lectura e escritura en galego, cuxa iniciativa está tendo moi boa acollida. Xa son 6 os Concellos que solicitaron a súa realización, concretamente os concellos de Alfoz, Lourenzá, A Pontenova, O Vicedo, Ourol e Xove, coa finalidade de crear un espazo onde os participantes compartan o pracer da lectura en galego e se aventuren na escrita da lingua que falaron toda a vida.
Así mesmo, os inmigrantes da Mariña poderán ter a posibilidade de recibir información e formación en galego coa asistencia ao curso Iniciación á lingua galega para inmigrantes.
Comezará a próxima semana no Concello de Burela e está organizado por este Servizo coa finalidade de ensinar a nosa lingua a todas aquelas persoas que o desexen. Nestas xornadas facilitaranse as ferramentas lingüísticas necesarias para una iniciación á lingua galega así como toda a información necesaria para a súa formación. Este mesmo curso xa se realizou durante o mes de agosto no Concello de Ribadeo e tivo moita asistencia, participando persoas de 9 nacionalidades distintas.






















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



