A serpe multicolor da LNB segue a medrar e nesta xornada conseguimos un novo record da tempada en participación. En total, 66 participantes dos que 18 foron mulleres (un 27 %), déronse cita na Praza dos Fornos en loita polas afamadas navallas do artesán J. Rodil que con a boa organización dos compañeiros de A Pontenova e o patrocinio de Fisioterapia e deporte “Son Saude” se puxeron en liza como premio para os gañadores do “III Aberto deo Ferro”.
Para a clasificación individual a loita feroz pon de manifesto a igualdade de forzas entre os a priori considerados favoritos e a dificultade de gañar cada carreira. Charli logo de gañar na Ponte de Outeiro, fixose tamén ca navalla e a espiga de millo corvo de Campión en A Pontenova, unha clara demostración de que presenta candidatura para revalidar o título de campión da conferencia. Ainda estamos no primeiro tercio da tempada e Richar sigue ao mando, pero entre o primeiro e o posto 21 a diferencia,de puntos e so de oito polo que una boa ou mala xornada che fai subir ou baixar unha chea de postos.
En donas a loita é menos tensa, as veteranas Geni e Reyes comezan a marcar diferencias ainda que perseguidas de perto por Maricarmen e outras como Irea, Lola Eiras, Sofia, etc. que veñen increscendo. Se ben é certo que non o teñen doado, non o é menos que teñen moito marxe de mellora e gañas non lles falta.
Perante toda a tarde nos acompañou un vento que suavizaba os ferintes raios do sol aínda que ás veces empurraba ás billardas lonxe do obxetivo buscado, subliñadamente as máis lixeiras que voaban polo ar sen control e ficaban onde a elas lles petaba.
Unha boa nova: Os equipos van acostumándose a adiantar a lista de participante e polo tanto pódese comezar con bastante puntualidade o que é bo para todos e máis agora co cambio de hora que poñerá a proba o noso poder de organización e compromiso; aínda así semella que dúas pistas de xogo non son dabondo e haberá que ir pensando en montar outra máis para poder rematar as xornadas.
A falta dunha carreira eran sete os palanadores que tiñan posibilidades de pleno, chegaba pois o momento de xogalo todo a una soa carta e malia o empeño que todos eles puxeron, so catro o conseguiron. Primeiro caeu Artai (que foi o único capaz de conseguir un varado en toda a tarde) a mans de Martiño, a Markytos foi Regueiro (que tamén estaba invicto na xornada) quen o deixou as portas da final e Reyes acompañounos na caída a mans de Mario.
No desempate polos tres postos do podio, entre Juan (Billardeiros Musicais), Charly (Carabullo de Teixo) e Regueiro (Troitas Bravas), colouse unha dona, Geni (Billardeiros Musicais) que, nembargantes, non tivo nada que facer diante semellante trío de ases e quedou fóra.
Regueiro ficou terceiro e despois de un novo desempate entre Charly e Juan, foi o de Muimenta quen se coronou “navalleiro” na A Pontenova subindo ao caixón mais alto por segundo aberto consecutivo.
Cos parabéns de tódolos presentes,os gañadores foron agasallados cos premios correspondentes: figuriña de cerámica dun forno para 2º e 3º e navalla para o campión ademáis dunha espiga de millo corvo.
As tres primeiras donas tamén recibiron idénticos agasallos sendo por este orden: 1 ª Geni, 2ª Reyes e 3ª Lola (as tres de Ribadeo e veteranas palanadoras). En canto a equipos, os gañadores da xornada recibiron tamén a navalla dos campións e non foron outros que os Billardeiros Musicais, que siguen a por terra por medio cos seus perseguidores.
As clasificacións quedan así: Individual: Richar 25 p., Charli 24 p., Franco e Santi 23 p., Daniel, Muriego e Regueiro 22 p.
Por equipos: Billardeiros Musicais 101 p, Carabullo de Teixo 88 p., e Troitas Bravas, 82 p.
Varados: Charli, Luis Pirucha e Santi 2 varados, outros once palanadores con 1 varado.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
