Ribadeo, 3 outubro de 2013. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo inicia este curso 2013/2014 con máis de 290 alumnos e alumnas matriculados con idades comprendidas entre 4 e 70 anos, unha cifra que se sitúa lixeiramente por riba da matrícula do curso anterior. O claustro docente da EMMeD de Ribadeo estará formado por 14 profesores e profesoras, un por cada unha das disciplinas que oferta o centro, o que garante que o alumnado disporá dunha “atención especializada en cada un dos instrumentos ou das materias que imparte a Escola”.
Hugo García Presno, director da EMMeD de Ribadeo, amosou a súa “satisfacción polo alto número de persoas matriculadas, o que demostra que o traballo que se está facendo dende a Escola estase percibindo como positivo por parte do alumnado que repite e mesmo anima a novas alumnas e alumnos a formar parte do centro”. Boa proba do traballo que se está facendo na Escola e do nivel formativo co que saen os alumnos e alumnas é que este ano 10 mozos e mozas que formaron ou forman parte da EMMeD de Ribadeo realizarán os seus estudos no conservatorio. No caso de danza, trátase da primeira alumna que inicia estes estudos nun conservatorio profesional.
A EMMeD de Ribadeo comeza este curso dun xeito moi especial pois conmemora o 20 aniversario dende a súa posta en marcha. “Alén dos festivais de Santa Cecilia, Nadal ou fin de curso, os concertos didácticos, a charanga, etc, queremos ir realizando actividades puntuais, que se irán dando a coñecer nos próximos meses, que deixen constancia do aniversario da Escola e que lembren que se chegamos a onde estamos non foi dende a nada senón que é froito dun proxecto cuxas bases creou Hernán Naval e que hoxe tentamos manter”, sinala Hugo García.
“Sen dúbida a mellor homenaxe que podemos facer a estes 20 anos é seguir mantendo o proxecto, artellar un centro vivo no que se fomente unha educación transversal, no que as alumnas e alumnos non só aprendan conceptos musicais teóricos senón que podan amosalos enriba do escenario, compartir experiencias con outras escolas, participar en actividades que vaian máis aló da música que axuden a integrar a igualdade, a solidariedade ou o traballo en común no día a día da EMMeD”, engade o director da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Hugo García agradeceu “o apoio tanto do claustro da Escola como da delegación de Cultura do Concello de Ribadeo. É clave o apoio institucional, sobre todo en momentos de incertidume económica, para poder tirar adiante o proxecto da Escola e a súa actividade e tamén é moi importante contar cun corpo de profesores que crean no proxecto e que teñan vontade de levalo a cabo”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



