Máis de 100 mozos titulados lucenses comezan este martes a fase de selección para optar a unha das 70 bolsas Leonardo da Vinci, que lles permitirán recibir formación especializada durante 3 meses en empresas estranxeiras a custe cero. Esta iniciativa, impulsada polo organismo lugués e cofinanciada pola Unión Europea, permite que os seus beneficiarios, todos eles titulados universitarios ou en Formación Profesional, completen a súa formación en Europa, en concreto en Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda.
Os aspirantes concentráronse este martes, ás 16:30 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, para realizar unha proba de coñecementos consistente nun cuestionario tipo test de 20 preguntas. Este test ten como obxectivo valorar os coñecementos de cada aspirante na súa especialidade, atendendo en especial ás características sociais e económicas da provincia de Lugo, así coma o coñecemento do propio programa de bolsas, e doutros programas europeos vencellados á institución provincial.
Os resultados desta pobra publicaranse en datas vindeiras, coas puntuacións respectivas, no Taboleiro de Anuncios e na web www.deputacionlugo.org. Aqueles aspirantes que superen esta primeira proba, pasarán á seguinte fase.
Baremo de méritos e entrevista
O proceso para adxudicar as 70 bolsas continuará coa fase de concurso, na que unha Comisión Técnica valorará os méritos acreditados por cada un dos candidatos, e a entrevista persoal, que terá como finalidade poder apreciar o grao de madurez e dominio dos coñecementos acreditados no currículo.
Unha parte desta entrevista realizarase en inglés, para acreditar que posúen capacidade suficiente para desenvolverse nos países de destino.
De calquera xeito, a entrevista versará sobre o grao de formación xeral e técnica, na que se valorará principalmente a aptitude e actitude para as prácticas convocadas.
Formación de calidade a custe cero
Este programa formativo, dotado con máis de 300.000 euros cofinanciados pola Unión Europea, ten como obxectivo permitir a mozos lucenses formarse en Europa para, á súa volta, poder poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Isto supón unha inmellorable oportunidade de optar a unha formación de calidade a custe cero, gañando experiencia profesional en empresas punteiras doutros países.
As bolsas Leonardo da Vinci convertiron á Deputación de Lugo na única das administracións provinciais galegas á que Europa aprobou dous programas de bolsas diferentes, unha para universitarios e outra para titulados en Formación Profesional.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



