Burela, 29 de outubro de 2013. O alumeado da unidade de actuación de Torrentes xa conta co visto bo da Consellería de Industria, segundo acaba de anunciar o alcalde, José Mª González Barcia.
O rexedor dixo que “hoxe mesmo déronnos o permiso correspondente do que estabamos pendentes. Agora o que toca é poñerse en contacto coa comercializadora e coa distribuidora e a partires de aí faremos o que eles nos digan. A urbanización vaise abrir ao tráfico, pero non depende de nós. Sen alumeado non se pode porque podería supoñer un risco”.
González Barcia agarda que “isto non se demore moito. En outubro non puidemos abrir a urbanización, pero os trámites e os pasos previstos seguen”.
O alcalde de Burela advirte que “tendo que conta que nesa urbanización non hai moitas edificacións, é dicir que a maior parte da unidade de actuación está sen edificar, aplicaremos criterios de aforro. Acenderemos as luminarias precisas para garantir a seguridade, pero nada máis. Non imos facer derroches nin de enerxía nin de cartos.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



