Un ano máis a Concellería de Consumo do Concello de Foz, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor organiza as Charlas Médicas en colaboración coa Xerencia do EOXI de Lugo, Cervo e Monforte. A pretensión destas xornadas, un clásico no outono de Foz, e achegar a cultura sanitaria aos cidadáns, informando dos servizos que temos e intentar educar na prevención e informarnos sobre patoloxías ou enfermidades para que nós mesmos sexamos conscientes das nosas doenzas e adoptar formas de vida saudables. Comenzamos co seguinte tema, o 7 de Novembro : A febre no neno, coa Dra. María Guinda, Pediatra en Foz. Charla para país, avós e coidadores, dunha hora de duración donde se permite preguntar aos asistentes presentes. Esta xornada será no Salón de Actos da Casa da Cultura o xoves 7 de novembro ás 20:00 horas
1ª Charla Médica este xoves en Foz
1ª Charla Médica este xoves en Foz
Relacionado
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas
-
Celebración das letras galegas na libraría Bahia de Foz