Fíxose pública pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia a convocatoria de Formación Continua de Contratos Programa Autonómicos, dirixida prioritariamente a traballadoras e traballadores en activo. Dentro da planificación feita por CIG-forGA, atópase programado un curso de Monitores/as de animación sociocultural, dirixido prioritariamente a traballadores/as en activo. Esta Acción Formativa ten prevista o seu inicio, nos locais da CIG da rúa Arcadio Pardiñas 137 de Burela, para o vindeiro 22 de Novembro de 2013, rematando o curso o 28 de Decembro. O curso celebrarase en xornadas de tarde os venres e de maña os sábados. A data de admisión de solicitudes se fechará o vindeiro 14 novembro. Para máis información pódense dirixir ao telefone 982581861, ou ao local da CIG, e cubrir a solicitude de curso.
Curso de monitores/as de animación sociocultural en Burela
Curso de monitores/as de animación sociocultural en Burela
Relacionado
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón
-
Remataron as Noites de Volei Praia en Cervo
-
En Academia A Mariña deu comezo a décimo segunda edición da Escola de Minitalentos