Riotorto, 4 de novembro de 2013. O alcalde nacionalista de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, envioulle no nome da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade, unha carta ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, para solicitarlle unha xuntanza con membros deste colectivo a fin de lograr que o máximo dirixente galego recapacite na súa decisión de aplicar o copago farmacéutico para doentes crónicos e non obrigue a pagar por estes fármacos aos pacientes galegos. Neste sentido, Estoa apelou a Feijóo a actuar “con humanidade” e darlle unha solución a este problema, solicitándolle unha xuntanza con membros da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade.
Federico Gutiérrez Estoa mostroulle as súa “estrañeza polo feito de que até a data teña apoiado esta decisión do Goberno do Estado de multar a aqueles galegos e galegas que cometen o delito de contraer unha enfermidade crónica e, por suposto, que non seguise o exemplo doutros territorios veciños como Asturias ou Castela- León que decidiron non aplicar este prexuizoso copagamento”.
Os representantes sociais e institucionais que o 26 de outubro conformaron en Riotorto a Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade cualificaron a decisión do Goberno do Estado de “aprobar unha Resolución pola que se obriga aos pacientes crónicos a afrontar o copago das menciñas que lle son dispensadas na farmacia dos centros hospitalarios significa cruzar todas as liñas vermellas da sanidade. Trátase dun novo imposto á enfermidade e supón unha carga moi importante na economía de moita xente desfavorecida. É unha medida indigna, inhumana, inxusta, que retrata a un goberno que actúa ao servizo do poder económico”.
As demandas da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade son claras: instar ao Presidente da Xunta Galiza a que paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario e na mesma liña demandar do Goberno do Estado a derogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro que establece a obrigatoriedade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución.
Federico Gutiérrez Estoa afirmou que “se Feijóo non atende unha demanda da sociedade fronte a un tema de semellante gravidade como o que temos diante manterémonos na batalla social, que xa vai na liña de realizar o día 8 de novembro, concentracións en todas as Comarcas e nos Hospitais de referencia das cidades, para socializar e popularizar esta loita, pero sobre todo para que fique patente a opinión da sociedade e a oposición do pobo a esta decisión”.
Do mesmo xeito, se o goberno persiste na súa posición, o vindeiro 17 de novembro Galiza erguerá a súa voz contra eles e a súa asunción desta medida que constitúe un auténtico imposto á enfermidade e que terá especial incidencia sobre as rendas máis baixas.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



