Ribadeo, 7 de novembro de 2013. O Parador de Turismo de Ribadeo acolleu este xoves ó mediodía a presentación de A Mariña Federación, colectivo que aglutina á maioría das asociacións de comerciantes, industriais e autónomos da comarca. No acto interviron os vicepresidentes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga e Lara Méndez; a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o presidente da recén constituida Federación, Ramón Leivas.
Leivas no seu discurso sinalou que “somos entre 1.100 e 1.200 asociados, que damos traballo a unhas 7.000 persoas na comarca da Mariña. Esta Federación era un proxecto, unha idea, un soño… que se veu xestando durante moito tempo e que hoxe convertimos en realidade. A Mariña Federación créase co obxectivo de vender conxuntamente a modernidade desta comarca, a súa paisaxe, a súa riqueza cultural e gastronómica, o seu potencial comercial e a súa tranquilidade”.
O presidente de A Mariña Federación dixo que “vivimos nunha comarca con máis de 75.000 habitantes, atopámonos nunha zona industrializada grazas a empresas como Alcoa e todo o que esta move ó seu arredor; temos un hospital no que traballan moitos veciños e veciñas desta comarca; hai delegacións de administracións locais, autonómicas e estatais, e temos un sector servizos que aglutina a milleiros de empresas de todo tipo. A Mariña pode presumir de contar con cascos históricos tan importantes como os de Mondoñedo, Viveiro ou Ribadeo; A Mariña pode presumir de ter un sector pesqueiro de primeiro nivel con portos que son unha auténtica referencia neste país e que son un grande potencial económico para toda a provincia como é o caso de Burela e Celeiro, sen esquecernos de outros máis pequenos que viven da pesca do día ou do marisqueo”.
E engadiu que “A Mariña tamén pode presumir dos seus portos deportivos, pero sobre todo da súa paisaxe, mestura de verde e azul, mestura de montaña e mar. Pode presumir da súa exquisita gastronomía, baseada nos pescados e mariscos da nosa costa, pero tamén das deliciosas carnes desta zona e dos produtos frescos da horta mariñá. Temos en conxunto un potencial importantísimo que queremos vender, sobre todo fóra de aquí. Temos que exportar a nosa imaxe de modernidade e acadar un maior impulso para o turismo en toda esta zona. En verán recibimos a moitos miles de persoas que elixen esta comarca para pasar as súas vacacións, pero tamén queremos ofertar alternativas o resto do ano para que se acheguen a desfrutar de todos os encantos que ten esta terra tamén en primavera, en outono e en inverno”.
Ramón Leivas sinalou que “a unión fai a forza e as asociacións de comerciantes de A Mariña xuntas poderemos organizar eventos que axuden a todos os nosos asociados e teñan unha repercusión económica importante en toda a comarca. E temos que vender unha imaxe forte e de unidade no exterior, nas feiras nacionais e se é posible en algunhas internacionais. Pero para conseguilo tamén precisaremos do apoio dos concellos desta zona, da Deputación Provincial de Lugo, da Xunta de Galicia e da empresa privada. Todo o que fagamos e consigamos será bon para todos”.
O presidente de A Mariña Federación concluiu: “agora comezamos a nosa andaina. Non foi fácil chegar ata aquí e o que vén tampouco será un camiño de rosas, pero pouco a pouco nos faremos escoitar e conseguiremos aportar o noso graoíño de area para que A Mariña sexa aínda mellor para os que vivimos e temos empresas aquí e tamén para quenes nos visitan”.
A vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, sinalou que ““se trata dunha iniciativa moi importante que escenifica a unión de toda A Mariña en momentos difíciles. Hai que reinventarse e estamos diante dun proxecto ilusionante para esta federación”.
O vicepresidente primeiro da institución provincial, Antonio Veiga, destacou “o factor humano e a capacidade de traballo da xente da Mariña, que é inigualable polas condicións difíciles que tivemos e que temos”, en alusión al estado de las comunicaciones por carretera y añadió que “si non hai cartos nos petos da xente o comercio seguirá pechando. Aí é onde as institucións temos que traballar”, en evitar que eso siga pasando.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, indicou que “vós unídesvos de todos os concellos e iniciades un camiño para apostar por un proxecto conxunto que teña como obxectivo a mellora das economías da xente que se adica ao comercio e a creación de comercio. Nos estades dicindo ás institucións que queredes que todos traballemos xuntos e que cheguemos a puntos de acordo e podamos poñer en común o pouco que cada un pode ofrecer en momentos difíciles, porque moitos poucos fan un grande e importante”.
E o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “A Mariña é unha comarca singular e diferenciada da provincia de Lugo”, se refirió al potencial de la pesca, la industria, el comercio o el turismo y subrayó que “desde A Mariña temos capacidade para estar no mundo”. El regidor considera que “vós sodes unha voz unificada, cualificada e autorizada á que as diferentes administracións debemos escoitar. Xuntos tedes unha capacidade mayor para cuadrar dun xeito máis intenso á Xunta, á Deputación ou ao goberno do Estado”.
Á presentación en Ribadeo acoderon también alcaldes e outros representantes municipais; o presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña e rexedor de Barreiros, Alfonso Fuente; o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro; o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas; así como representantes das asociacións de comerciantes da comarca integradas en A Mariña Federación.