TOD@S SOMOS ELENA VÁZQUEZ
Nestes tempos revoltos que corren, onde case todo está en cuestión, as liberdades de todo tipo, o dereito de expresión, de manifestación, cos medios de comunicación públicos secuestrados, unha corrupción a nivel estatal galopante, estafas e prevaricación de cargos públicos e banqueiros, ao tempo que o goberno de España do PP aplica unha lei de amnistía fiscal aos grandes defraudadores mentres que os técnicos da Facenda española, nun estudo feito público recentemente, denuncian que as grandes empresas concentran mais do 71% da fraude fiscal do Estado Español, aquí pagamos os e as de sempre. Pagamos @s de sempre, @s traballadores e traballadoras, @s mais débiles, @s mais desfavorecidos, estre eles @s mais de 250.000 galeg@s emigrantes retornad@s xubilad@s que estamos a ser perseguid2s e estafad@s polo ministro de Faceda, O Sr. Montoro.
Diante deste negro panorama que se nos presenta, hoxe temos a honra de compartir con vós este acto público, aquí en Foz, unha representación de das Plataformas de Emigrantes Retornados que conformamos a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornad@s para reivindicar os nosos dereitos, apoiar e solidarizármonos con Elena Váquez e a súa familia e a través da súa persoa poñerlle cara as milleiros de traballadores emigrantes retornad@s afectad@s pola brutal, inmoral e inxusta campaña de recadación que están a facer contra nós a Facenda española.
Declaramos a nosa firme determinación de loitar para tratar de cambiar esta inxusta situación, tamén a Lei 35/2006 – coñecida como a lei de dous pagadores – que nos discrimina e nos angustia e non merecemos.
Sen ningún tipo de campaña informativa, dende o ano 2006 até hoxe, o goberno de España do PP condénanos como culpables de ser defraudadores, convértenos en criminais e obríganos a facer unha declaración do IRPF que nunca houbo que facer, sanciónannos con multas e intereses de demora con carácter retroactivo como acabamos de ver hoxe con Elena. So pensan en roubarnos os nos cartos sen importarlles para nada que detrás desa maldita carta estase a crear unha situación socio-económica e moral de perigosas consecuencias. Poñen en risco as nosas xa cativas economías familiares, a saúde e as mesma vida, como xa sucedeu con María Ángeles Lorenzo; unha viúva de Coristanco que un día coma hoxe foi ao banco a pagar, e ao día seguinte xa non aguantou mais a presión de Facenda pensando que lle poderían embargar a casa, e como non atopaba saída quitouse a vida.
Nos hoxe queremos recordala con cariño, repouse en paz.
Imos rematar cunha das frases dun artigo, escritas polo noso compañeiro Lionel Rexes, que resume moi ben o espolio que a Facenda española está a facer cos nosas pensións.
O obxectivo da Axencia Tributaria non é facer cumprir a lei, senón fariao con todos: coas entidades deportivas, os que se ocultan tras as SICAV, ou cos evasores de capitais. O obxectivo é meramente recadatorio, as formas, o fondo e o xeito son miserábeis, non é un adxectivo gratuíto, é a definición perfecta para unha administración que está a converter en normal a anomalía indultando de facto aos grandes defraudadores e en defraudadora á xente de ben, neste caso, os e as emigrantes retornad@s.
Non podemos seguir mangonead@s por quen nos quere so para roubarnos os cartos, os nosos dereitos e as nosas liberdades. Temos que seguir mobilizándonos, actuar colectivamente, para entre tod@s, parar este roubo, desta vez aos emigrantes retornad@s.
Defendamos as nosas pensións, a nosa dignidade e a nosa honra … A loita é o camiño!
Asinan este manifesto:
Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornad@s
Emigrantes Retornad@s da Mariña
Emigrantes Retornad@s do Bixo Miño
Emigrantes Retornad@s de Lugo
Emigrantes Retornad@s de Monforte e Val do Lemos
Emigrantes Retornad@s da Estrada
Emigrantes Retornad@s do Salnés
Emigrantes Retornad@s de Compostela
Emigrantes Retornad@s de Ourense
Emigrantes Retornad@s de Ponteareas O Condado
Emigrantes Retornad@s de Ferrol, Eume e Ortegal
Emigrantes Retornad@s de Vigo
Emigrantes Retornad@s de Muros Noia e Ribeira
Emigrantes Retornad@s do Carballiño O Ribeiro
Emigrantes Retornad@s de A Coruña
Emigrantes Retornad@s de Pontevedra – Marín
Emigrantes Retornad@s de Celanova
AER Marusía




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



