A petición da Deputación de Lugo, este mércores celebrouse en Santiago de Compostela unha reunión da Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais, na que participou o Deputado Provincial José Luis Raposo. No encontro, a institución luguesa conseguiu que a Xunta de Galicia desbloquee o convenio dos GES e que os Concellos reciban antes de finais de ano o financiamento de todas as administracións.
A institución luguesa foi a única administración que detectou graves erros na redación do convenio de colaboración dos GES entre Xunta de Galicia, Deputacións galegas e FEGAMP. Fíxoo en maio, alertando de xeito inmediato á Xunta para a súa corrección, posto que isto impedía a aprobación definitiva do convenio e, polo tanto, realizar as achegas económicas correspondentes das administracións implicadas ós municipios. Xa en maio, a propia Xunta de Galicia confirmou a existencia destes erros, que versan sobre a localización dos grupos e a transferencia orzamentaria ós municipios.
Ante esta confirmada situación, xa hai máis de 6 meses que a institución solicitou á Xunta unha adenda ó convenio para desbloquealo, na que dar solución a estes erros. Na súa resposta, que tivo lugar hai tan só 15 días, o Executivo autonómico, non só non solventou estes erros, senón que alterou os baremos para a contratación do persoal, establecendo que non era necesario o concurso oposición e fixando a selección dos traballadores só en base a un temario. É dicir, a addenda da Xunta rachaba coas bases de selección comúns acordadas por todas as administracións implicadas para garantir a igualdade de oportunidades.
Hai que ter en conta que, no caso de que a addenda da Xunta fose aprobada, quedaría regularizada a situación dos Concellos de Guitiriz, que alternou as bases de selección, de Quiroga e do Courel, que realizaron concursos de méritos e non de oposicións, dos que resultaron contratados a irmá da Alcaldesa do Courel e un primo carnal do seu marido, entre outras persoas afíns ó PP.
Logo de esperar máis de 6 meses, a Deputación de Lugo conseguiu que o Executivo autonómico rectificase. Deste xeito, o Goberno galego comprometeuse a realizar unha nova addenda, atendendo as cuestións da institución luguesa: as sedes dos grupos son as establecidas (A Fonsagrada, Guitiriz, Becerreá, A Pontenova, Quiroga-Folgoso de Courel, Monterroso e Cervo); as Deputacións pagarán directamente ós Concellos; absoluto respecto ás bases de selección comúns aprobadas por unanimidade para a selección do persoal. O Goberno galego xustificou a súa prevista alteración das bases co anterior addenda, dicindo que foi un erro.
A Deputación de Lugo conseguiu que a Xunta de Galicia desbloquee o convenio dos GES, que será ratificado de xeito inmediato, acadando, deste xeito, que os Concellos que cumpran co convenio reciban as achegas correspondentes de todas as administracións antes de finais de ano. Os Grupos de Emerxencia Supramunicipais están financiados nun 60% pola Xunta de Galicia, nun 20% polas Deputacións galegas e nun 20% pola FEGAMP.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



