Sabemos que os libros, aínda que pequenos en tamaño, son capaces de gardar nas súas páxinas universos enteiros. Do mesmo xeito, un pequeno territorio, apenas unha parroquia galega pode darlle abeiro a unha gran historia e ser o xermolo dunha das industrias máis importantes do país e do Estado, Astano.“Perlío no pasado” é o nome do volume que recolle fitos, datos, anécdotas, persoas, imaxes e toda canta memoria se conserva dese lugar do municipio coruñés de Fene. “O último capítulo é a rotura da Ponte das Pías, cando colidíu o Discoverer Enterprise, e empeza co castro de Cardoeiro, onde está a Igrexa de Perlío”, sintetiza María Xesús Arias, unha das autoras do volume. A obra busca financiamento solidario para a súa edición a través da plataforma webVerkami.
A historia máis próxima de Perlío
A historia máis próxima de Perlío
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia