O Consello da Xunta aprobou este xoves o texto dun convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Principado de Asturias para acadar unha resposta coordinada e eficaz ante situacións de emerxencia graves nas zonas limítrofes entre ambos os dous territorios. Este convenio oficializa a tradicional colaboración en materia de protección civil e xestión de emerxencias entre estas autonomías, que teñen na loita contra o lume unha das principais prioridades dos seus gobernos.
O convenio promoverá a realización de accións conxuntas dirixidas á acadar a óptima coordinación operativa e a realización das actividades de planificación e preparación necesarias para asegurar unha resposta inmediata e eficaz ante situacións que poñan en risco as vidas das persoas, a integridade dos seus bens e o ambiente. Así mesmo, promoverá o intercambio de información, coñecemento mutuo e formación técnica recíproca en materia de protección civil e xestión de emerxencias.
En concreto, ambas as comunidades asumirán o compromiso de someter a súa colaboración e asistencia mutua a procedementos operativos de intervención, baseados nos criterios de reciprocidade, comunicación permanente -sempre a través dos centros 112- e mando único. Este último será designado pola comunidade afectada ou de común acordo cando a incidencia afecte aos dous territorios.
Así mesmo, comprométense a elaborar un Plan de actuación conxunta, no cal se acometerá a redacción de protocolos operativos específicos e programas de visitas, formación, prácticas e simulacros conxuntos. Tamén intercambiarán información cartográfica e relativa ao Catálogo de medios e recursos dispoñibles para atender as emerxencias.
Os municipios limítrofes incluídos no marco deste convenio son Ribadeo, Trabada, A Pontenova, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna, pola parte galega; e Castropol, Vegadeo, San Tirso de Abres, Taramundi, Santa Eulalia de Oscos, Grandas de Salime, Allande e Ibias, en Asturias.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



