Lugo, 17 de decembro de 2013.- Medio cento de alcaldes e portavoces lucenses asistirán no Parlamento ao debate da iniciativa popular na que se reclama que se corrixa o Plan de emprego da Deputación de Lugo. Deste xeito, unha importante representación dos cargos públicos locais da provincia arrouparán a petición do Grupo Popular, avalada polos plenos municipais de 43 concellos lucenses, pola que se esixe a socialistas e nacionalistas que non se exclúa de participar na selección deste plan a ningún desempregado e a ningún concello da provincia
O parlamentario popular, Jose Manuel Balseiro, intervirá como portavoz no debate sobre este plan de emprego provincial -que terá lugar previsiblemente ás 17.30 horas de mañá mércores- e avanzou que esta iniciativa trata de evitar que Besteiro roube os dereitos dos parados da provincia e poña en marcha un plan que xera desigualdade e concellos de primeira e segunda categoría, en función de que poidan ou non beneficiarse deste programa de emprego.
“Pasou o tempo de palabras ocas e terán que posicionarse se queren ou non un plan para todos ou un plan que deixa fóra a 9 de cada 10 desempregados lucenses”- dixo Balseiro quen demandará o respaldo do resto as forzas parlamentarias.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



