Cervo, 12 de decembro de 2013- O Concello de Cervo quere manifestar o seu apoio aos pais e nais que reivindican a axilización dos trámites para que o Goberno central ceda á administración cervense a Casa do Mar e, desta maneira, poder albergar neste edificio o servizo do Punto de Atención á Infancia.
Unha demanda que comparte o Concello e por iso no día de hoxe o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Educación, Pilar Armada, xuntáronse cos pais e nais para demandar publicamente unha aceleración dos trámites.
A edil de Educación asegura que “o noso desexo é que para o próximo curso a Casa do Mar estea baixo a nosa xestión e, desta maneira, darlle un uso e un aproveitamento público maior e isto significa, dende logo, aloxar nela o Punto de Atención á Infancia”.
Armada lembrou que hai un ano e medio a Subdelegación do Goberno desbloqueou a petición de cesión que o Concello levaba facendo dende o 2008, unha reclamación que caeu en saco roto ata o mes de xuño de 2012, co cambio de responsables no Goberno central. Foi Antonio Nores, director provincial do INSS e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, o que visitou a Casa do Mar ao pouco de iniciarse no seu posto e xusto un día despois de que o alcalde se reunise en Lugo con Nores e co subdelegado do Goberno, Ramón Carballo.
A principios de 2013 o Concello recibira unha comunicación da Tesourería Xeral da Seguridade Social na que propoñía o pagamento dun aluguer para poder utilizar a Casa do Mar, unha medida que a administración local rexeitou por ser “transitoria e non solucionar a situación de forma definitiva implicando ademais un gasto excesivo para as arcas municipais” lembra a edil.
Despois dun tempo estudando a situación, a principios do verán deste ano as partes implicadas volvéronse reunir, decidindo que a mellor solución era solicitar á Dirección Xeral de Costas a desafectación da Casa do Mar do dominio público marítimo terrestre. Unha petición que foi enviada de xeito oficial no mes de setembro, despois dun acordo adoptado en pleno.
Polo tanto, o Concello recoñece o traballo realizado, pero quere pedir aos responsables do Goberno central en Madrid, que é onde están resolvendo a xestión, que “sexan sensibles ás necesidades do Concello de dispoñer deste espazo e sobre todo dos pais e nais, que agardan que os seus fillos conten cun servizo de gardería nas novas instalacións” remata Armada.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



