Foz, 18 de decembro de 2013. O Concello de Foz está recontando as alegacións presentadas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal para pasarllas ao equipo redactor e que as resolvan o antes posible. Explicouno hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen anunciou que a comisión do PXOM seguirá traballando e espera que o documento poida aprobarse provisionalmente a mediados do vindeiro ano 2014.
“Unha vez rematada a exposición ao público do documento adaptado do Plan Xeral o Concello está realizando o reconto definitivo de todas as alegacións que se presentaron para pasarllas o antes posible ao equipo redactor e que siga traballando para tratar de resolvelas canto antes. A comisión do PXOM formada e os grupos de traballo, que representan a todas as parroquias e ao núcleo urbano, van seguir no seu labor cos redactores do plan e facendo suxestións nas reunións que teñan a partir de agora. Queda un traballo importante, que é tratar de adaptar todo o que se fixo entre os grupos e os redactores, máis as alegacións, que moitas delas poderán ser consideradas e integradas nun documento definitivo para aprobalo provisionalmente. Vamos darlle a máxima présa posible para resolver e ter un documento para aprobar definitivamente as alegacións e provisionalmente o plan a mediados do ano que vén”, manifestou hoxe o rexedor municipal focense.
Javier Castiñeira destacou que “durante o período de exposición ao público non houbo ningún tipo de incidencia, atendéronse a todas as persoas que quixeron vir as oficinas municipais, onde houbo dous técnicos do Concello para ese mester. Estivo exposto no salón de plenos da Casa do Concello, aparte os propios redactores tiveron xuntanzas cos grupos de traballo e ademais déronse charlas en todas as parroquias e nalgún barrio. Polo tanto aqueles que din que non se puxeron os medios suficientes eu creo que están mentindo e intentando zancadillear o Plan Xeral e nós iso desde logo non o vamos admitir”.
O alcalde rematou salientando que “houbo transparencia absoluta, porque fomos coñecedores todos os grupos municipais ao mesmo tempo dese documento que presentaron os redactores. Agora vamos pasarlles o antes posible as alegacións para que empecen a traballar sobre elas e seguir informando á comisión e aos grupos de traballo de que segue en marcha esa labor. Hai que facer unha próxima reunión o antes posible, unha vez que teñamos xa datos definitivos de cantas alegacións se fixeron”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



