Ribadeo, 23 de decembro de 2013 | O grupo de artesáns da Mariña Lucense “Obradoiros con Alma” expón na Oficina de Turismo de Ribadeo un Belén confeccionado integramente por eles mesmos.
Trátase dun Nacemento feito a man 100%, que se pode visitar durante todo o Nadal, de xeito gratuíto. O horario de acceso é de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. A data prevista de clausura é o 31 de xaneiro.
Artesáns participantes e pezas
• Virxe, Neno Xesús e San Xosé: Alfonso Otero Regal. Ceramista (Viveiro).
• Portal de Belén: Miguel Fernández. Carpinteiro (Mondoñedo).
• Reis Magos: Estéfano Gudín. Ceramista (Cervo).
• Vivendas: Míriam Viveiro. Ceramista (Viveiro).
• Castelo de Herodes: Dosita Cao. Arranxos florais (Burela).
• Animais e pastores: Lucía Catuxo. Ceramista (Trabada).
• Chalano: Francisco Fra. Carpinteiro de ribeira (San Cibrao).
• Redes do firmamento: Asociación de Redeiras Cabo Burela (Burela).
• Estrelas: Pilar Maravalla. Arxila polimérica (Ribadeo).
• Río: Chus Lage. Ceramista (Mondoñedo).
• Ponte: Félix Paz. Carpinteiro (Alfoz).
• Anxo: María Luz Méndez. Encaixe de bolillos (San Cibrao).





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



