A Aula Universitaria de Foz acollerá o venres 20 de decembro un taller de risoterapia e ioga da risa. Será unha acción formativa de 4 horas de duración nos que se desenvolverán clases de respiración, movemento e interación; ademais de meditación da risa e relaxación. Na segunda parte do taller, tratarase o desbloqueo, contacto e dinámica grupal; ademais da relaxación. A matrícula ten un prezo de 30 euros, 25 para desempregados e alumnos da UNED e 20 para alumnos con discapacidade. Máis información en: foz@lugo.uned.es ou no teléfono 982 133 699.
Taller risoterapia e ioga da risa
Taller risoterapia e ioga da risa
Relacionado
-
O Xebra de Burela celebrará o seu XII Aniversairo o venres, 30 de maio
-
O deputado de Rural e Mocidade achegouse este sábado a feira do libro de Ribadeo “Letras no campo” que conta coa participación do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
-
O Castro de Viladonga (Castro de Rei), dependente da Xunta, foi este venres escenario do nomeamento de Abraham Cupeiro como socio de honra da agrupación lucense de recreación histórica ‘Vindicta’