Ribadeo, 7 de xaneiro de 2014. ACISA busca aos gañadores da campaña de Nadal na que puxo en xogo 7.000 euros en vales de compra. As papeletas cuxos números coinciden cos tres primeiros premios do Sorteo da Lotería do Neno foron distribuidas en Decoración Pulpeiro, en Glass e por Tourline Express.
O primeiro premio da Lotería do Neno foi o 76.524. A persoa cuxa papeleta conteña este número levarase 4.000 euros en vales de compra; o segundo premio foi o 69.362, a rifa que conteña ditos números resultará agraciada con 2.000 euros en vales de compra; e o terceiro premio foi o 08.347, polo que aquela papeleta que coincida con este número levarase mil euros en vales de compra para gastar no comercio asociado. A rifa do primeiro premio foi repartida por Decoración Pulpeiro, a do segundo premio en Glass e a do terceiro por Tourline Express.
Os gañadores deberán presentar as papeletas premiadas nas oficinas de Acisa Ribadeo antes das 20 horas do día 6 de febreiro de 2014 e os vales de compra poderán canxealos nos establecementos pertencentes á asociación durante o mes de marzo de 2014.
A directiva de ACISA tilda de éxito a campaña de Nadal: “a pesar del mal tiempo que tuvimos estas semanas las visitas realizadas por Papá Noel y por el cartero real a Ribadeo hicieron las delicias de los más pequeños. Fueron muchos y muchas los que se acercaron a saludarles por la calle y en las inmediaciones del Cine Teatro. También tuvo una gran acogida entre los niños y las niñas ribadenses el taller que organizamos”. Sobre as vendas destas datas nos establecementos asociados desde ACISA sinalan que “estuvieron bien, se mantiene la tendencia de otros años”.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.