Cervo, 29 de xaneiro de 2014- A edil de Educación, Pilar Armada, lamenta “profundamente a incapacidade do grupo socialista para alegrarse polas boas novas que benefician aos veciños de Cervo”. Armada asegura que “nos dá moita pena que o PSOE non valore os importantes avances feitos na cesión da Casa do Mar”.
A responsable de Educación sente mágoa porque “nos catro anos de goberno do PSOE no Estado as nosas peticións nunca foran tramitadas”. Armada amosouse preocupada pola “falta de sensibilidade dos dirixentes socialistas, que deixaron gardados nun caixón cada un dos escritos que enviaba o Concello”.
Foi coa entrada do PP no Executivo central “cando por fin as nosas solicitudes foron atendidas”. De feito, Armada destaca que “dende entón, os trámites despegaron e estivéronse acelerando de tal forma que hoxe en día xa temos avanzado máis do 75% das xestións”. A edil lembra que incluso “temos documentos con Rexistro de Entrada que demostran os pasos dados e a implicación das diferentes administracións”.
“Para nós é moi triste que ao PSOE de Cervo non lle guste que informemos dos avances que imos dando coa Casa do Mar, porque consideramos que os veciños teñen dereito a saber en que paso dos trámites nos atopamos, especialmente tendo en conta que se trata dunha demanda de toda a sociedade cervense” explica. De feito, os pais e nais que reclaman o servizo do PAI na Casa do Mar “viron cos seus propios ollos todos os escritos que enviamos a Lugo, que nunca foron contestados e que nunca chegaron a Madrid, onde se tiñan que xestionar”.
“Gustaríanos moito que o PSOE fose capaz de alegrarse porque a Casa do Mar estea cada vez máis cerca de ser propiedade do Concello e que nos apoiase nuns trámites tan longos e complexos para camiñar todos xuntos no mesmo obxectivo: que todos os veciños e veciñas poidan aproveitar a Casa do Mar” remata Armada.



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.