Foz, 22 de xaneiro de 2014. O Concello de Foz organiza un ciclo de teatro infantil con catro representacións dende este sábado, día 25, ata maio. O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo, destaca que todas as compañías son profesionais e ofrecerán as mellores obras para nen@s que se poden ver actualmente en Galicia.
Ánxel Paleo explicou que “a programación teatral que teremos no primeiro semestre deste ano 2014 está subvencionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, e entra dentro da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia. A Consellería subvenciona o 60 por cento do custo e o Concello pon o 40 por cento restante”.
O concelleiro de Cultura destacou que “todas as compañías que escollemos son profesionais e fixemos unha selección das mellores obras que se poden ver en Galicia neste momento. A actividade teatral comeza neste mes de xaneiro, concretamente este sábado 25, coa representación da obra infantil A nena e o grilo nun barquiño. Nesta obra introducimos unha novidade, porque catro músicos actúan en directo acompañando aos actores. A seguinte representación será o sábado día 8 de febreiro coa obra Xango, da compañía Talía Teatro. No mes de abril o sábado día 5 teremos outra novidade na obra Baleadas, da compañía trasPediante, na que se introduce a danza e a animación na escena con gafas 3D. E a última obra deste primeiro semestre será o sábado 3 de maio coa compañía de teatro Baobab, que representará a obra O soldadiño de chumbo”.
Paleo rematou anunciando que “todas estas obras serán na sala Bahía ás 18:30 horas. Son todas infantís, dedicadas aos máis pequenos da casa”.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



