Aberta a preinscrición para solicitar a celebración dun curso CELGA 2 (certificado de lingua galega) en Ribadeo. Os interesados en asistir a este curso preparatorio para as probas oficiais poden preinscribirse no enderezo olribadeo@gmail ou no teléfono 982 128 650 (orientador laboral). O curso diríxese ás persoas que precisen esta acreditación para acceder ás Administración Públicas, persoas que dispoñan de titulación para acceder a cursos formativos vinculados cos novos certificados de profesionalidade do nivel 2, pero que non teñan o galego ou ó público en xeral. Unha vez feita a convocatoria oficial do curso, solicitarase a celebración en Ribadeo cos preinscritos.
Preinscrición curso CELGA 2 en Ribadeo
Preinscrición curso CELGA 2 en Ribadeo
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura