Gema González-Redondo, Ana Losada e Minerva Rivas, alumnas do IES San Rosendo de Mondoñedo, foron entrevistadas polos seus compañeiros Andrea Gacio, Noelia Novo, Natalia Novo e Pedro Rodríguez, tras coñecer que son beneficiarias dunha beca para estudar nos Estados Unidos o vindeiro curso.
En que consiste a beca á que vos presentastes?
A beca consiste en facer un curso escolar en Estados Unidos vivindo nunha casa cunha familia de acollida. Os gastos están subvencionados pola fundación.
Cantas prazas ten esta beca? Contabades con ser seleccionadas?
Ana: Ten 75 prazas. O exame escrito resultoume máis fácil do que esperaba pero saín bastante nerviosa da presentación e da entrevista persoal. Creo que as posibilidades estaban ao 50%.
Minerva: Eu non contaba con entrar á beca porque mirei a renda dos meus pais e, como é tan alta, pensei que tiña menos posibilidades de entrar. Ademais, os exames non me saíran ben.
Gema: Non contaba ser seleccionada. De feito non cría que aprobara o primeiro exame. Tras saber que aprobara e pasara á fase de entrevistas, nin sequera me atrevía a entrar na páxina web para saber se estaba seleccionada ou non.
Dende cando fai que tedes ilusión por presentarvos?
A. No momento en que miña mai me propuxo apuntarme á beca pero dende pequena tiven a ilusión de viaxar e estudar fóra.
M. Dende o ano pasado, cando descubrín que as había, porque unha compañeira do instituto xa a conseguira, aínda que non coa mesma compañía. Ademais, sinto interese por coñecer novos lugares.
G. Dende que teño uso de razón.
A cantos exames vos tivestes que presentar? Foron fáciles para vós?
A. Presentámonos a dous exames. Estiven nerviosa en ambos, aínda que quizás os nervios me fixeron pasar un mal rato no segundo exame, posto que xa estabamos preto do final.
M. Os exames foron dous. O primeiro consistía nunha proba de comprensión escrita e de vocabulario, ademais de numerosas escoitas. O segundo, foi unha proba na que tivemos que expoñer un tema libre en inglés e unha entrevista persoal que creo que, máis ben, era psicolóxica.
G. Tivemos que facer un exame escrito, onde avaliaban a nosa capacidade de comprensión escrita e auditiva. Unha vez completado o exame, tivemos que expoñer un tema libre e responder a preguntas persoais. Foi complicado. Ao meu ver esixía un nivel bastante superior ao meu.
Como reaccionastes ao ver o voso nome entre os seleccionados?
A. A verdade é que estaba durmindo e espertoume a miña nai cunha chamada telefónica. Creo que entre o sono e a nova noticia tardei bastante en reaccionar ante o feito.
M. A min avisáronme as miñas compañeiras; xa que a elas as avisaron antes que a min. Ao principio díxenlle a unha delas se non se equivocaría ao mirar xa que non o cría. E despois o primeiro que fixen foi avisar aos meus pais toda eufórica.
G. Ao saber que me seleccionaran, comecei a berrar e a dar brincos por toda a casa como unha tola. Logo, chamei a todo o mundo para informalos da boa nova. Non aguantaba coa emoción.
Nalgún momento dubidastes en dicir si ou non á beca?
Nunca dubidamos en aceptar a beca, xa que era algo que realmente queriamos e despois de loitar tanto tempo por ela sería ilóxico renunciar.
Que diferenza pensades que hai entre o 1º de Bacharelato de Estados Unidos co de aquí?
Aparte do idioma e a forma de cualificar, os contidos son distintos.
Canto tempo ides pasar nos Estados Unidos? Pensades que é demasiado tempo ou pouco?
A. 11 meses. Gustaríame acabar alí toda a secundaria. Aínda que bastante tempo para estar afastado da casa e da miña forma de vida actual.
M. Pasaremos alí 11 meses, o que dura un curso escolar. Creo que é o tempo adecuado, case un ano que aproveitarei aprendendo inglés e coñecendo outra cultura.
G. Imos pasar 11 meses. Persoalmente non me parecen moitos nin poucos, simplemente o necesario; xa que, é o que dura un ano académico.
Sentides curiosidade por saber onde ides vivir e estudar?
Temos moita curiosidade; aínda que podíamos elixir pagando, pero non o imos a facer.
Non tedes medo a non entender as persoas ou a que non vos entendan?
Claro que temos medo, as primeiras semanas serán máis complicadas; pero esperamos adaptarnos fácil e rapidamente.
Como vos sentides ao ter que deixar tanta xente e tantas das cousas que vos gustan aquí?
A. O que máis vou estrañar vai ser aos meus mellores amigos, pois paso moito tempo con eles e son as persoas que me fan feliz e en quen me dan apoio. Tamén por suposto á miña familia, en especial aos meus primos.
M. Por unha parte, é triste ter que deixar á miña familia e ao meu equipo de baloncesto (MOLOU), claro está! Porque eles forman parte da miña vida cotiá e estar con eles é unha rutina. Por outra parte, síntome feliz porque sei que cando volva, van seguir estando aquí.
G. Obviamente síntome mal por deixar atrás cousas que aprecio, pero niso consiste madurar. Pode que o que máis bote de menos sexan a familia e os amigos, pero alí coñecerei persoas novas e que quizás chegarei a apreciar tanto coma os de aquí.
Sentídesvos máis seguras ao saber que unha das vosas compañeiras do instituto está facendo o curso en Canadá e está moi contenta?
Si, porque é un modelo polo que podemos tomar referencia. Ás veces podemos facerlle preguntas para solventar as nosas dúbidas. Esperamos que nos vaia tan ben coma ela.
Aínda non comezou a experiencia, pero que esperades dela?
A. Espero ter unha relación fantástica coa familia, coñecer o seu modo de vida, mellorar o meu idioma, abrir portas para o meu futuro e sobre todo regresar, aínda que non me fun.
M. Espero coñecer moitísima xente de diferentes países, coñecer un novo país descoñecido para min ata o momento, facer novas amizades e, sobre todo, mellorar o meu inglés. Creo que esta experiencia me axudará a valorar máis o que teño e a quen teño aquí.
G. Espero madurar como persoa, comprender outras ideoloxías, coñecendo novas costumes e persoas que me fagan ver o mundo dende outras perspectivas.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



