Lugo, 8 de febreiro de 2014.- O único aspirante a liderar o Partido Popular de Viveiro foi elixido este sábado presidente da agrupación local cun 98,41% dos votos.
Nun congreso local que tivo lugar na mañá deste sábado, no Hotel Louzao de Viveiro, e ao que asistiron preto de 200 persoas, entre afiliados e militantes, así coma, autoridades políticas da comarca de A Mariña e de toda a provincia, Antonio Bouza, foi elixido presidente.
O primeiro en intervir nesta cita congresual foi o presidente saínte, César Aja, quen fixo un percorrido da súa longa traxectoria política e lembrou que o PP viveirense gañou tódolos procesos electorais, agás en dúas ocasións.
Agradeceu Céjar Aja a colaboración de tódolos seus compañeiros, familia e presidentes dos que tivo o seu apoio, e, entre aplausos, fixo una especial mención a Don Manuel Fraga.
Destacou o popular a pulcritude dos gobernos populares e no tocante a tódolos bulos e rumores que se levan escoitado no tocante a temas xudiciais, deixou moi claro que se alguén ten algunha dúbida neste tema, está totalmente aberto para ensinar o que lle pidan.
No tocante as actuacións levadas a cabo polo PP de Viveiro, fixo un balance optimista, resaltando tódalas actuacións levadas a cabo na localidade. Afirmou Aja que se realizaron alumeados, saneamentos, comunicacións entre aldeas (moi demandadas polos veciños), o polígono industrial de Landrove, reparacións de escolas rurais, Muelles de Celeiro, segunda lonxa….e así un interminable número de actuacións.
Concluíu Aja manifestando que os máis mozos teñen que saber o que se fixo e mostrouse seguro de que o equipo saberá dirixir os destinos e logrará a meta que se prolonga.
ANTONIO BOUZA
O recen elixido presidente eloxiou o traballo de César Aja e afirmou que resultaría imposible falar do PP en Viveiro sen mencionar a súa figura. Deixou claro que se traballará dende a unidade e co apoio de todos.
Bouza afirmou que se pretende configurar un equipo renovado e unido, cuxo obxectivo é conseguir a alcaldía.
“O goberno bipartito fixo que Viveiro deixase de ser un referente en A Mariña”- lamentou o popular, quen mostrou a súa disposición de traballar, traballar e traballar, dende a unión e esforzo colectivo. Viveiro é mellor dende o PP. Facemos falta todos, aseverou.
JOSÉ MANUEL BARREIRO
O voceiro do PP no Senado e presidente do PP en Lugo, José Manuel Barreiro comezou a súa intervención facendo un recoñecemento, tanto no ámbito persoal coma institucional, ao presidente saínte, César Aja.
“Non se pode entender a historia de Viveiro sen César Aja. É imposible ter un currículo coma o del”- afirmou José Manuel Barreiro, quen lembrou que o presidente saínte, transformou Viveiro, creando así unha estrutura económica, algo polo que “no PP sentímonos orgullosos desa labor, e sobre todo, temos unha débeda impagable con César”.
Dixo Barreiro que estas verdadeiras loubanzas non significan que o acto remata aquí, senón que “hoxe eliximos un novo presidente pero facémolo cunha finalidade: que Viveiro non deixe de ser o que foi. Cando Viveiro foi do PP, Viveiro medraba e era un referente en toda a provincia e Galicia, nestes anos de bipartito, a Cidade do Landro saía por facer mal as cousas”.
Barreiro agradeceu a xenerosidade do presidente saínte: “César decidiu que era un momento importante para facer un relevo no partido e esto non sempre se da en política”- afirmou e instou a todos a seguir este modelo.
O presidente provincial agradeceu a Antonio Bouza dar ese paso ao fronte, nuns momentos que recoñeceu ser non de todo agradables para a política. Asegurou que un congreso é un momento para o debate, no que temos que discutir entre nos os diversos temas e despois os militantes tomar a decisión. Despois, dixo, “todos contribuímos con unidade ao fortalecemento do partido”.
Finalmente Barreiro cualificou a Feijoo como modelo para entender e facer a política. “Marcamos a través do presidente da Xunta, unha maneira distinta de entender e facer a política, a cal deu resultados e foi referente a nivel nacional.
CANDIDATURA
Presidente: Antonio Bouza, vicepresidente 1º, Jaime De Olano, vicepresidente 2º, Celestino García Paz; secretaria da organización: Mariña Güeimunde; secretaria: Cándida Méndez; vocais: Rita Míguez, Belinda Bermúdez, Valentín Mera, Helena Del Valle, María Luisa Soto, Verónica Mantilla, Santiago Martínez, Alberto Legaspi, Ángel Mario Mateos Belén Beleiro, Eva María Castro, César Polo, Pablo Ferro, José Vicente Prieto, Carlos Martínez, Víctor Javier Illán, José María Costa, Marta Pérez, Antonio Berdeal, Domingo Otero, Cristina Goas e Carlos Galindo.
BIOGRAFÍA ANTONIO BOUZA
Antonio Bouza naceu o 10 de xullo de 1966 en A Pontenova. Licenciado en maxisterio, e especializado en Lingua Inglesa, pola Universidade de Santiago de Compostela, Campus Lugo, está casado e ten dous fillos.
Actualmente exerce de mestre no Instituto Lois Tobío de Viveiro
EXPERIENCIA POLÍTICA
No eido político, foi edil en Viveiro na lexislatura 2003-2007. Dentro do Comité Executivo Local é responsable de deportes e, actualmente, é o voceiro do PP na cidade do Landro.


















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



