O meu país é verde e neboento. Así empezaba aquela fermosa canción o grande cantor do Valadouro. Este país que nas noites de invernía segue debuxando a súa agonía nos vellos e nos rapaces, nos vellos que gastaron a súa vida nun labourar arreo e nos rapaces e rapazas que emigran cara metas sen nome, tén que botar a rir. A rir, a berrar e a cantar. Temos que ser moitas as voces que cantemos, moitas as gorxas que berremos para que a lousa de silencio que os traidores de sempre intentaron poñer enriba do cantor do pobo esnaquice en mil anacos que se convirtan en mil primaveras mais para a nosa música, para a nosa cultura, para seguir construindo a nación, porque a forza do noso amor non pode ser inútil, e a forza das cantigas de Miro Casabella tampouco será inútil.
Só uns imbéciles e escuros foron capaces de tal afrenta, porque só desde a súa prepotencia, quizais alimentada de ignorancia, son capaces de atreverse a decir quen fixo ou non fixo polo pobo.
“Fixemos o que puidemos por Galiza”. Esta afirmación do noso irmán, veciño, e compañeiro Antón Moreda, Secretario Xeral que foi do Consello da Mocidade resume ben e dignifica tamén o traballo que tantos galego@s e patriotas fixeron por Galiza desde o anonimato e desde o silencio, porque Antón tamén sufriu o peso dunha lousa de silencio que outros férridos e duros, sucursalistas antes e agora, lle puxeron enriba. A mocidade nacionalista de fai cincoenta anos con Antón á fronte conseguiu manter acceso o facho dos nosos anceios dunha patria soberana e a mocidade nacionalista de hoxe seguirá adiante con ese facho e recoñecendo, como vén de facer Galiza Nova, a quen fixo o que puido, que foi moito, para que non se apagase.
Desde o norte deste país, desde a Mariña que tamén saúda ao mar aberto, este ano recoñecemos a entrega de Antón e de Miro, dous mariñaos bons e xenerosos dos que nos sentimos moi orgullosos.
Antonio Veiga Outeiro






















Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



