A Deputación de Lugo organiza o luns o V Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos, que contará coa participación de seis prestixiosos expertos no país no ámbito da Administración Pública. O tema central da xornada será a reforma das bases do réxime local español, introducida pola Lei 27/2013, do 27 de decembro. Debatirase acerca de aspectos de máxima actualidade e relevancia para as administracións locais, como o xeito en que a entrada en vigor desta Lei altera as relacións entre os dous niveis de goberno local –Deputacións e Concellos-, ou como esta afecta á autonomía local.
Para isto, están previstas ponencias, mesas redondas e unha lección maxistral a cargos dos seguintes expertos:
– Tomás de la Quadra-Salcedo Fernández del Castillo: ex-ministro de Administración Territorial e Xustiza, foi un dos responsables do proceso autonómico en España coa redación da Lei Orgánica de Armonización do Proceso Autonómico. Na actualidade é Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.
– Manuel Zafra: profesor titular de Ciencia Política e da Administración Pública da Universidade de Granada, foi Director Xeral de Cooperación Local no Ministerio de Administracións Públicas; Director Xeral da Administración Local na Junta de Andalucía e Director do plan Estratéxico da Deputación de Granada.
– Manuel Medina: Catedrático de Dereito Constitucional na Facultade de Dereito na Universidade de Sevilla, foi Letrado do Tribunal Constitucional.
– Fernando García Rubio: profesor titular de Dereito Administrativo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid
– Tomás Quintana López: catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de León
– Eloísa Carbonell Porras: Catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Jaén.
Programa do Encontro
Está previsto que unhas tantas persoas procedentes de toda a provincia participen neta xornada, que se desenvolverá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos entre as 9:15 e as 14:45 horas, co seguinte horario:
– 9:15 horas: inauguración das xornadas a cargo de Álvaro Santos Ramos, Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos.
– 9:30-10:30 horas: mesa redonda sobre “A reforma do réxime local español”. Interveñen Fernando García Rubio, Manuel Medina Guerrero e Tomás Quintana López.
– 10:45-11:30 horas: lección maxistral “Aspectos máis importantes da reforma da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local de 2013”, a cargo de Tomás de la Quadra-Salcedo, a quen o acompañará o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.
– 12:00-13:00 horas: ponencia de Manuel Zafra sobre “O papel das deputacións no novo marco da planta local”
– 13:00-14:45 horas: ponencia de Eloísa Carbonell sobre “O novo modelo de distribución das competencias dos entes locais”, e posterior debate.
Todos os que desexen escoitar as interesantes aportacións dos poñentes acerca da reforma de réxime local poderán facelo tamén en tempo real a través da web www.deputacionlugo.org, xa que como noutros eventos, a Fundación TIC encargarase da retransmisión en directo en streaming.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



