Consello Local do BNG.- O BNG de Burela celebrou este sábado un acto e posterior cea de amizade en recoñecemento a Neves Cando polo seu traballo como concelleira e portavoz do Grupo Municipal do BNG en Burela durante os últimos anos, ao que asistiron numerosos compañeiros e compañeiras non só da nosa vila, mais tamén doutras localidades da comarca.
Sen querer cair no personalismo, é inebitable que dentro de calquera organización, certas persoas adquiran maior relevancia pública polas súas responsabilidades orgánicas ou institucionais. Entre estas últimas está a compañeira Neves, que desenvolveu un importantísimo traballo como concelleira do BNG de forma continuada durante os últimos 14 anos, realizando un labor fundamental de control ao goberno municipal desde a oposición ou ben xestionando distintas áreas do Concello xa con responsabilidades de goberno, sempre ao servizo das veciñas e dos veciños de Burela. Destacar as súas aportacións desde as áreas de Igualdade e Benestar, coa posta en andamento de numerosos programas en materia social, así como a implementación de políticas activas de igualdade e contra a discriminación da muller, nomeadamente no ámbito deportivo, sen esquecermos unha programación cultural hoxe desmantelada e unha aposta clara polo deporte de base.
Evitar calquera tipo de personalismo non só é algo inherente á práctica e filosofía organizativa do BNG, mais tamén un acto de xustiza para con todas aquelas persoas que en distintos momentos contribuíron a sacar adiante o proxecto nacionalista. Sen todas e todos eles, todo isto non sería posíbel e como non podía ser doutro xeito, este recoñecemento a Neves Cando é tamén un recoñecemento a toda esa militancia que deu e continúa a dar o mellor de si mesma para avanzarmos na conquista dunha Galiza xusta e soberana.
Burela, a 23 de febreiro de 2014.
Consello Local do BNG






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



