O Burela Pescados Rubén vence no derbi galego con absoluta claridade ao Valdetires Ferrol por un contundente 9-2. O duelo entre mariñanas e ferrolanas foi unha película previsible na que a superioridade laranxa plasmouse na pista sen excesiva resistencia visitante, penúltimas clasificadas de la Primera División.
Lidia comezou o choque cun disparo ao pau no minuto inicial, primeiro aviso local que na segunda ocasión non perdoou e Peque marcou o 1-0, minuto 3. As departamentais esperaban encerradas buscando a súa ocasión que apareceu nun contragolpe. Uxía empatou o derbi (1-1) superado o ecuador do primeiro periodo pero simplemente resultou un espellismo xa que na recta final o Burela Pescados Rubén impuxo a súa calidade para situarse con vantaxe de 4-1. Daniela, Peque e Bea Mateos liquidaron a opción de sorpresa visitante con tres goles que permitiron unha cómoda vantaxe (4-1) ao descanso.
Na continuación, o acerto laranxa mantívose e Cristina ampliou a renda (5-1), minuto 22, dando paso a un vendaval goleador. O Valdetires buscou no xogo de cinco contemporizar o acoso local pero Bea, desde propia pista, Cristina e Peque volveron a marcar situando un contundente 8-1, minuto 28 de encontro. Ata o final pelexaron as ferrolanas que tiveron o seu premio co 8-2 conseguido por Meli pero Bea Mateos marcou o definitivo 9-2 no minuto 40, acadando un hat trick ao igual que a pichichi da competición, Peque.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Daniela, Peque, Lidia –cinco inicial- Claudia, Lara, Cristina, Silvia.
Valdetires Ferrol FSF: Iria, Didi, María, Meli, Ale –cinco inicial- Erika, Elenita, Uxía.
Goles: 1-0, m.3, Peque; 1-1, m.12, Uxía; 2-1,m.16, Daniela; 3-1, m.17, Peque; 4-1, m.19, Bea Mateos; 5-1, m.22, Cristina; 6-1,m.23, Bea Mateos; 7-1, m.24, Cristina; 8-1, m.28, Peque; 8-2,m.37, Meli; 9-2, m.40, Bea Mateos.
Árbitros: Villanueva Blanco, Castro Bermúdez. Lugo
Tarjetas: Amosaron cartón amarelo a Elenita, m. 20, do Valdetires Ferrol.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 17 da Primeira División. Pavillón Vista Alegre de Burela. 500 espectadores.

























A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
