Cervo, 26 de febreiro de 2014- O Concello de Cervo ofreceu unha homenaxe ao arqueiro mariñán Gabriel Galante pola súa medalla de prata no VII Campionato de España en Sala para as Categorías Cadete e menores de 14 anos celebrado hai unhas semanas na localidade catalá de Cambrils. Un acto co que a administración local quixo facer un recoñecemento público á exitosa carreira de Galante en xeral e ao título recen acadado en particular.
Nel participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o deportista Gabriel Galante, e os pais do arqueiro. Na homenaxe o rexedor fixo entrega a Galante dunha medalla do Concello e deulle os seus parabéns “polo novo título e pola súa longa e proveitosa traxectoria deportiva”, asegurou o rexedor.
Da mesma maneira, o alcalde quixo animar ao arqueiro a “continuar adestrado e competindo dentro do club Iadovi, de San Cibrao”. Tamén augurou “moitos anos de éxitos” para o arqueiro, tendo en conta que comezou a competir con 9 anos e dende moi pronto destacou, quedando sempre nos primeiros dez postos ata que no 2012 conseguiu o seu primeiro título nacional, o de campión de España infantil ao aire libre.
Villares quixo tamén desexarlle moita sorte na importante proba que se celebrará o 29 de marzo en Madrid, da que sairán os seleccionados para o Campionato de Europa cadete que este ano se disputa en Ljubljana (Eslovenia) e que servirá para coller praza nos Xogos Olímpicos para a Xuventude que se disputarán en agosto en Nanking (China).
Ademais, o primeiro edil quixo reiterar o compromiso e colaboración do Consistorio con Gabriel Galante e co club Iadovi. De feito, o deportista e o club utilizan as instalacións municipais cedidas polo Concello para adestrar. “Nós traballamos para apoiar o deporte e, por suposto, ofrecer todos os recursos públicos dispoñibles para que deportistas como Gabriel Galante teñen facilidades para adestrar e seguir avanzando na súa traxectoria”, remata o mandatario cervense.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
